Novas responsabilidades para catro deputados populares do GPP

Esta mañá celebramos reunión plenaria do Grupo Parlamentario Popular no que se votou, por proposta do voceiro do Grupo Popular, Rafael Hernando, os novos voceiros adxuntos que formarán parte do Consello de Dirección do Grupo Parlamentario e a deputada compostelá Marta González, ata agora voceira da Comisión de Igualdade, incorpórase a esta nova responsabilidade.

Os novos nomeamentos complétanse coa elección de tres deputados galegos máis para cubrir as vacantes que deixan os novos voceiros adxuntos.

Así, o novo voceiro de Presupostos do GPP será o deputado mariñao Jaime de Olano, en substitución de Antonio Gallego. Pola súa banda, Gonzalo Ordóñez, deputado por Pontevedra que se incorporou nesta Lexislatura para substituír a Irene Garrido tras a súa marcha ao Instituto de Crédito Oficial (ICO), será o novo voceiro adxunto na Comisión de Presupostos.

A tamén pontevedresa Paz Lago pasa a ser vicepresidenta primeira de Igualdade.

Con todos estes nomeamentos, a presenza de deputados galegos en postos de responsabilidade no Grupo Parlamentario Popular increméntase neste período final de Lexislatura no que hai por diante distintos procesos electorais.

Celebro moito os nomeamentos destes compañeiros que responden ao bo traballo realizado nesta lexislatura no Congreso. Parabéns a todos eles.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.