De todas as pasaxes do discurso pronunciado onte pola ministra de Fomento Ana Pastor, no Foro da Nova Velocidade, organizado polo Diario La Región, transcribo aquí pola súa importancia os relativos á integración e á actuación urbana na estación de Ourense:
"O compromiso do
presidente do Goberno é que a alta velocidade sexa unha realidade e chegue a
Galicia no 2018, o cal non quere dicir que Ourense se beneficie xa de todos os
tramos que se vaian poñendo en marcha, como tamén o Zamora-Lubián, por exemplo.
A integración ferroviaria
en Ourense é,
como saben, unha das nosas prioridades. En abril de 2013, presentei, tamén aquí
en Ourense,
unha nova solución optimizada e consensuada para a chegada da alta velocidade
dende Taboadela
a esta cidade.
Trátase dunha variante con plataforma de vía dobre e ancho internacional na que se implantará, ademais, un terceiro carril e vai permitir circulación de alta velocidade e tamén de mercadorías e á que se vai incorporar un trazado mellorado na zona que vostedes coñecen ben do Túnel de Rante,...que evita os problemas xeotécnicos do trazado do estudo informativo que se redactou na anterior lexislatura.
Trátase dunha variante con plataforma de vía dobre e ancho internacional na que se implantará, ademais, un terceiro carril e vai permitir circulación de alta velocidade e tamén de mercadorías e á que se vai incorporar un trazado mellorado na zona que vostedes coñecen ben do Túnel de Rante,...que evita os problemas xeotécnicos do trazado do estudo informativo que se redactou na anterior lexislatura.
A nova solución proposta
para a primeira parte do trazado entre Taboadela e Seixalbo ten, como saben, menor afección
superficial e ten tamén menor afección ambiental. O 11 de abril do 2014
aprobouse o estudo informativo incluíndo a nova solución e o 23 de decembro, o MAGRAMA, o
ministerio de Agricultura, Medio e Alimentación, resolveu que é preciso someter
a información pública o estudo de impacto ambiental e obter unha declaración de
impacto ambiental.
Esta decisión, señoras e señores, non vai afectar aos nosos
plans e imos someter, e anúnciollelo xa hoxe aquí, a información pública no mes
de marzo o tramo modificado entre Taboadela
e Seixalbo, a
información pública serao, como saben, para cumprir o que di o artigo 6 da lei
do sector ferroviario.
E ademais, na parte que
non está afectada pola modificación do trazado, imos iniciar en febreiro o
proceso de información pública das expropiacións e a comunicación aos concellos
prevista no art.º 7 da lei do sector ferroviario.
Polo tanto, todos os plans seguen en marcha e todos os tempos que se acordaran seguen en pé.
En canto á actuación urbana na cidade de Ourense e a súa estación, o Ministerio quere tamén facer o mesmo que fixemos co resto das cidades de Galicia e de España.
O resultado dese
verdadeiro diálogo vai facer que Ourense
conte cunha grande estación intermodal. E por iso, tanto dende a Xunta de Galicia,
coma dende a Deputación Provincial como dende do Concello de Ourense, dende todas as
institucións, imos traballar en todos estes meses para levar a cabo a mellor
solución para a cidade de Ourense.
Unha solución de consenso que será o mellor impulso á actuación urbana no
ámbito da estación e que nos vai permitir executar unha operación cuxos máximos
beneficiarios non só serán os usuarios da estación senón que serán todos os
cidadáns de Ourense.
Señoras e Señores, ademais, seguimos traballando no resto das conexións de alta
velocidade con Ourense.
A liña Ourense-Vigo,
tras o preceptivo período de información pública, a solución en fase de
proxecto este mesmo mes de xaneiro está xa no Ministerio de Medio ese expediente
de 53,7 km,
que é a liña que comunica directamente Ourense con Vigo, dos cales, por certo é unha
infraestrutura moi complexa, o 76% son en túnel e o 10% son en viaduto.
E por
outro lado, en Ourense-Lugo
seguimos traballando cunha dotación presupostaria que vai facer posible
continuar con todos os proxectos e obras na Variante de San Xulián que vai permitir a supresión
de 14 pasos a nivel.
Como lles dicía este ano 2015 é un ano moi importante e no
presuposto están todos os recursos necesarios e dispoñibles para que todas
estas obras se leven a cabo. Espero que non haxa ningún problema técnico que
nos impida alcanzar os obxectivos que nos fixamos. "
Coido que estas manifestacións da máxima responsable ministerial aportan luz ao mesmo tempo que compromiso coa chegada da alta velocidade a Ourense.
Recibirá resposta