Hoxe
coñecemos que o Fondo Monetario Internacional
na actualización de xaneiro do seu informe WEO apunta que a proxección do
crecemento mundial apunta a un aumento moderado en 2015-16, de 3,3% en 2014 a
3,5% en 2015 e 3,7% en 2016 (véxase o cadro). Isto representa unha revisión á
baixa de 0,3% en ambos os dous anos en comparación coa edición de outubro de
2014 de Perspectivas da economía mundial (WEO).
Diversos factores recentes, que afectaron a distintos países de diferentes maneiras, moldearon a economía mundial dende a publicación da edición de outubro do informe WEO, afirma o informe: Os novos factores que avalan o crecemento -a caída dos prezos do petróleo, e tamén a depreciación do euro e do ien- están máis que compensados por forzas negativas persistentes; entre elas, as secuelas que deixou a crise e a diminución do crecemento potencial en moitos países".
Diversos factores recentes, que afectaron a distintos países de diferentes maneiras, moldearon a economía mundial dende a publicación da edición de outubro do informe WEO, afirma o informe: Os novos factores que avalan o crecemento -a caída dos prezos do petróleo, e tamén a depreciación do euro e do ien- están máis que compensados por forzas negativas persistentes; entre elas, as secuelas que deixou a crise e a diminución do crecemento potencial en moitos países".
"A nivel dos países, a contracorrente complica as cousas", sinala Olivier Blanchard,
Conselleiro Económico e Director do Departamento de Estudos do FMI. É algo
"positivo para os importadores de petróleo e negativo para os exportadores
de petróleo. Positivo para os importadores de materias primas e negativo para
os exportadores. Continúa a loita para os países cicatrizados pola crise, e non
para outros. É algo positivo para os países máis vinculados ao euro e ao ien, e
negativo para os que están máis vinculados ao dólar".
Nas
economías avanzadas, proxéctase que o crecemento aumentará a 2,4% en 2015 e en
2016. Non obstante, este panorama sen grandes cambios oculta a crecente
diverxencia entre Estados Unidos, por un lado, e a zona do euro e Xapón, polo
outro.
Neste informe do FMI, EUA aparece como o único país desenvolvido que se está a recuperar con fortaleza.
No caso da zona euro, o FMI
augura que a actividade para os dous próximos exercicios estará soportada polo
menor prezo do cru, unha política monetaria mais laxa e a depreciación da moeda
única. Pero estes factores, non obstante, veranse neutralizados por un
investimento máis débil e un menor crecemento dos emerxentes, o que afectará ao
ritmo exportador.
Todos os grandes países da zona euro crecerán menos que o previsto en outubro,
coa excepción de España. Será a economía do euro que máis crecerá este ano e o
que vén, cunha previsión do 2% e do 1,8%, respectivamente. Entre as nacións
desenvolvidas tan só EUA (3,6%), Reino Unido (2,7%) e Canadá (2,3%) crecerán
máis que España en 2015.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya
Sáenz de Santamaría, fixo énfase no respaldo dado polo FMI neste
informe "ao programa de reformas feito" polo Goberno de Mariano Rajoy en España. A
revisión á alza das previsións de crecemento para o noso país, o único da lista
xunto con EUA que non baixa, supoñen para Sáenz de Santamaría "unha boa
noticia que xera confianza" e que, ademais, vén a constatar que "a
senda que emprendemos é a correcta".
En conclusión, moi boas previsións que obedecen a que hai un goberno firme que
ten estabilidade e que implementar un plan fronte á crise, o que nos permitiu
que mentres hoxe outros analizan por que lles van mal as cousas, nós sabemos que
o camiño que emprendemos é o correcto.
Recibirá resposta