Hoxe participei en Radio Voz no
habitual faladoiro que modera Antía Díaz Leal, e no que compartín micrófono con Laura
Seara e Martiño
Noriega.
Falamos en primeiro lugar da viaxe
que hoxe está a realizar a Grecia, o presidente do Goberno, que se reuniu co actual
presidente Antoni Samarás. Dixen que esta visita é lóxica entre presidentes de
países socios da Unión Europea e que é normal que os partidos políticos afíns
se apoien entre sí. E o Partido Popular apoia a opción política desa forza en
Grecia, de cara aos comicios do 25 de xaneiro deste mes.
Dixen que é natural que entre os
países de zona euro exista preocupación polo resultado destes comicios, tendo
en conta que hai partidos, como Sirias, que chegaron a propoñer a saída do euro
ou a reestruturación unilateral da débeda, aínda que agora moderasen as súas
formulacións. Recordei como líderes políticos conservadores e socialistas, como Hollande, manifestasen a necesidade de
respectar os compromisos contraídos con independencia de quen gañe. Pertencer á
moeda única, dixo, implica compromisos construtivos e non cabe o unilateralismo
e a confrontación.
Tamén aludín ao alto valor que dá
a estabilidade política que xera confianza e que prometer cousas que son
imposibles é algo que non ten ningún sentido e xera, ademais, unha enorme
frustración.
Logo falamos do terrorismo yihadista e celebrei que PP e PSOE pactasen elaborar conxuntamente
unha proposición de lei orgánica contra o terrorismo que dea un novo enfoque
penal a este fenómeno. Iniciativa que busca un acordo con outros grupos parlamentarios.
Preténdese un cambio radical do
tratamento penal do terrorismo para facer fronte ao yihadismo. Ata agora, ese capítulo estaba
dirixido a combater fundamentalmente a grupos organizados e agora referirase a
terroristas que actúen de forma individual. Búscase tipificar o recrutamento e
adestramento, de forma que sexa posible encarcerar os que reciban adestramento
en países que exportan o Jihad, como Iemen ou Sirya, entre outros.
Tamén esta valorandose o rexistro de pasaxeiros, que permite gardar datos sobre
as viaxes de cada cidadán. Dixen que España como País que é moi castigado polo
terrorismo - recordemos o atentado de Atocha - ten o maior interese en dar
unha resposta dura e efectiva, en coordinación cos demais Estados de Europa.
Recibirá resposta