Os aeroportos da Rede de Aena en 2014 creceron en pasaxeiros un 4,5%

Destaco hoxe a noticia avanzada pola ministra de Fomento, Ana Pastor, con ocasión dunha inauguración en Málaga, de que os aeroportos da Rede de Aena alcanzaron en 2014 os 195,9 millóns de pasaxeiros, un 4,5% máis que no ano anterior.
Ademais, dixo que as operacións incrementáronse nun 2,3% ata os 1,8 millóns mentres que as toneladas de mercadorías o fixeron nun 7,2% cun total de 685.209.
"Aena é hoxe o primeiro operador aeroportuario do mundo en número de pasaxeiros", subliñou Pastor.

Sen dúbida, estes datos evidencian a recuperación económica do transporte aéreo, que é un sector estratéxico para España tanto dende o punto de vista social como económico debido á singularidade peninsular e insular; pola súa contribución en termos de conectividade, accesibilidade e articulación territorial; pola situación xeográfica; polo papel de España como ponte entre continentes; e pola súa condición de primeiro destino turístico vacacional do mundo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.