miércoles, 14 de enero de 2015

Asinado un acordo entre a Xunta, sindicatos e patronal, para mozos e parados de longa duración

De importante nova cabe sinalar que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinara hoxe cos sindicatos participantes no diálogo social e a patronal dous novos programas para mozos e parados de longa duración para que siga baixando o desemprego en Galicia. 

Nun acto no que interviron o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, o secretario xeral de CC.OO. Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño.

No tocante á primeira iniciativa, Feijóo afirmou que está elaborada pensando nos mozos menores de 25 anos (ou menores de 30 se teñen unha discapacidade do 33% ou superior) que non estean estudando nin traballando. 

Con este plan, explicou, fomentarase que, por exemplo, unha moza de 23 anos que rematase os seus estudios hai menos de catro meses poida recibir unha oferta de traballo ou acceder a prácticas en empresas; poderase axudar economicamente a que un mozo de menos de 30 anos cunha discapacidade poida establecerse como traballador autónomo; ou apoiar a que unha rapaza de 19 anos que, tras quedar desempregada, queira adquirir experiencia laboral nunha entidade sen ánimo de lucro.

Así mesmo, ofreceranse oportunidades de formación para que poidan adquirir competencias clave que lles faciliten a súa inserción laboral.

O titular do Goberno galego precisou que este Programa de garantía xuvenil, que se desenvolverá ao longo de 2015 e 2016, estará dotado con preto de 50 millóns, que veñen a complementar os 100 millóns que a Xunta consignou o ano pasado para o Plan de emprego xuvenil.
Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que o desemprego de longa duración é unha das consecuencias máis graves da recesión económica. E, nesta liña, aseverou que o segundo plan dirixirase a aqueles que levan demasiado tempo sen atopar un traballo, “para demostrarlles que segue habendo oportunidades e para axudarlles a aproveitalas”.

Deste Programa extraordinario de activación para o emprego poderán beneficiarase 20.000 persoas, que disporán de ferramentas que lles axuden a mellorar a súa cualificación e a desenvolver habilidades necesarias para que poidan atopar un emprego.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta