sábado, 24 de enero de 2015

Na Convención Nacional do PP baixo o lema:" Xuntos por un gran país"


Asisto desde onte á Convención Nacional do PP, que se celebra en Madrid, baixo o lema:" Xuntos por un gran país".

Onte participei na xornada inaugural no Plenario, na que interviron Ana Botella, Esperanza Aguirre, José María Aznar e María Dolores de Copspedal

 Hoxe acudín a chamada "Praza da Prosperidade" a un encontro sobre emprego moderado polo portavoz do GPP no Senado, José Manuel Barreiro.e no que interveu o presidente da Comunidade Valenciana, Alberto Fabra, e a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez.

Fabra, encomiou o proceso de reformas que o PP tivo que poñer en marcha en todas as administracións públicas ao longo desta legislatura, especialmente en materia de emprego.



"O emprego é a primeira ocupación que teñen os cidadáns porque sen emprego non hai nada máis, sen emprego non hai esperanza, sen emprego non hai estabilidade e sen emprego non hai garantía para manter o Estado de Benestar", dixo.

E recordou que "fai tres anos a situación era dramática" co país ao bordo de crébaa e a piques de ser rescatado pola Unión Europea, pero o PP afrontouno desde o convencimiento de que "non era unha época de cambios senón un cambio de época".

Báñez dixo que no PP " presentámonos para gañar, claro que si", pero matizóu que "o PP non gaña para mandar, gana para cambiar, gaña para o emprego e gaña para as oportunidades". 

Sinalou que, para seguir coas reformas desta lexislatura, "necesitamos estabilidade e maiorías claras" nas próximas citas coas urnas, polo que emplazóu aos militantes e dirixentes populares a "traballar, traballar, traballar e sobre todo a gañar para cambiar" o país.

Ademais desas, houbo outras interesantes intervencións que seguín con atención en compañía de Alvaro Nadal, responsable da Oficina Económica do Presidente. 


Salientar a  intervención do presidente da Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA), Lorenzo Amor, que alertou sobre que a pretensión de derrogar a actual reforma laboral, como ameazan algúns partidos, de gañar as eleccións, sería a "peor noticia" para quen teñen que crear emprego. 

Amor afirmou que o PP quizá non foi capaz de comunicar as cousas positivas que se aprobaron nesta legislatura, como por exemplo  a tarifa plana de cotización, a Lei de Emprendedores, ou as axudas para o pago a proveedores. E manifestou estar convencido de que o crecemento do PIB en 2015 estará cerca do 3 por cento, e" iso significará que lles vaiben aos autónomos e, cando lles vai ben aos autónomos, vaille ben a España".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta