sábado, 24 de enero de 2015

Na reunion do Consello de Españois Residentes no Exterior

Hoxe tivo lugar na Convención do PP, da V Reunión do Consello de Españois Residentes no Exterior.

A inauguración contou coa intervención do presidente nacional, Mariano Rajoy, a secretaria xeral, Mª Dores de Cospedal e o secretario executivo do PP no Exterior, Alfredo Prada.

Asistiron os presidentes das trinta delegacións do PP no exterior, así como un representante de cada unha das comunidades autónomas, un representante do Congreso dos Deputados uno do Senado e outro do Parlamento Europeo.

O Consello de Españois Residentes no Exterior é un órgano consultivo do Partido Popular que se ocupa de definir as liñas de actuación do Partido Popular no que se refire ás relacións cos afiliados que residan fose de España e, en xeral, cos cidadáns españois que residan no exterior, propoñendo as iniciativas políticas relativas á emigración e coordinando e incentivando a acción electoral no exterior.

Os tamas tratados na reunión foron os seguintes:

- O voto dos  españois residentes no exterior (Voto CERA), a cargo de Joaquín Calvo Basearán, Presidente do PP de Bélxica.

- A fiscalidade dos españois retornados, a cargo de Celso Delgado, Deputado Nacional e representante do PP Exterior no Congreso dos Deputados.

- A fiscalidade dos non residentes, a cargo de Fernando Jiménez, Representante do PP de  EE.UU.

- Nacionalidade. Os novos españois, a cargo de José Manuel Rodríguez, Presidente do PP da Arxentina.

Clausuróu  a Xornada ,  Marina del Corral, Secretaria Xeral de Inmigración e Emigración, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

No meu caso fixen un repaso da problemática plantezada coas pesnións percibidas do extranxeiro por persoas residentes en territorio español, e da eficaz e xusta resposta dada polo goberno de Mariano Rajoy por medio da reforma da Lei 26/2014 de 27 de novembro, que establece un período extraordinario de regularización de seis meses , no que no se esixiran recargos, xuros nin sancións. Unha condonacion que deberá ser solicitada ata o 30 de xuño de 2015.

Falei de que desde o primeiro momento considerábamos de xustiza a demanda dos emigrantes retornados, deixando claro que estas persoas que non triutado non eran defraudadores, porque tiñan mala información.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta