viernes, 23 de enero de 2015

EPA: Ourense, remata 2014 con 3.300 parados menos e 4.500 ocupados máis

Onte coñeciamos os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre de 2014 referidas á provincia de Ourense.


Estes foron os datos correspondentes a 2014:

- Ocupados: 107.400 (en 2013 eran 102.900). Significa un crecemento de 4.500 persoas.

- Parados: 27.800 (en 2013 foron 31.100). Supón unha redución de 3.300 persoas.

- Taxa de Actividade: 48,16% (en 2013 foi do 47,24 €). Diminúe en 0,92 puntos.

- Taxa de Paro: 20,59% (en 2013 foi do 23,21%). Redúcese en 2,62 puntos.


Son uns moi bos datos que evidencian a recuperación económica da economía ourensá no contexto do nacional.

E son tamén un estímulo para seguir traballando no obxectivo de reducir en 2015 coa mesma ou maior intensidade, as aínda altas cifras de desemprego.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta