Como calquera
persoa cun mínimo de humanidade me sinto horrorizado pola barbarie do atentado
terrorista de onte en París contra a redacción do semanario satírico "Charlie Hebdo",
que provocou a morte de doce persoas e once feridos.
Uns seres inhumanos que entraron na sede da revista, vestidos de negro, encapuchados, armados con fusís kaláshnikov e que ao berro de "Alá é grande", dispararon indiscriminadamente e mesmo remataron un policía ferido e indefenso.
Un atentado contra a vida, pero tamén contra a liberdade de expresión e de prensa.
Súmome ás máis enérxica condena do presidente Mariano Rajoy xefe do Executivo e a solidariedade total, absoluta e incondicional cos familiares das vítimas, cos feridos e coa sociedade francesa.
"Isto é unha verdadeira atrocidade e, dende logo, non van a poder co máis sagrado que temos os seres humanos, que son os nosos dereitos e as nosas liberdades" engadiu o Presidente.
Unha vez máis queda moi claro que é imprescindible loitar con unidade internacional na loita contra o terrorismo e que o Goberno de España fará todo o que sexa necesario.