Aprobado no Congreso o proxecto de lei de fomento do financiamento empresarial

Esta tarde dende as 16,00 reuniuse a Comisión de Economía e Competitividade para debater e votar o informe do relatorio e as emendas ao articulado presentadas polos grupos parlamentarios ao proxecto de lei de fomento do financiamento empresarial.

Debatido e votado o proxecto en Comisión, o ditame será remitido directamente ao Senado para continuar a súa tramitación.


Dende o Grupo Parlamentario Popular, os tres relatores desta Lei celebramos esta aprobación, por tratarse dunha Lei necesaria e ben recibida.


Alejandro Fernández, uns dos relatores, sinalou o cambio de ciclo económico no que se encontra España. "Estamos nun escenario de crecemento, de baixada de impostos, de creación de emprego, de mellora das exportacións, de incremento do consumo compatible co control dos prezos, o que evita a tan temida deflación, pero falta un elemento e é que flúa o crédito ás pemes", destacou.

"Por iso é necesaria esta Lei, que é o paso final para converter o círculo vicioso da economía española nun círculo definitivamente virtuoso".

Neste sentido, recordou que "a excesiva dependencia do financiamento bancario da peme española é evidente" pero as medidas consideradas na Lei aprobada hoxe "non" significan unha vitoria para a Banca, como criticaron algúns grupos parlamentarios,". "Unha parte importante desta Lei é para promover o financiamento alternativo á bancaria pero mellorar e facilitar o financiamento bancario non é axudar á banca, é axudar á peme; o que non se pode facer a estas alturas son discursos maniqueos de ou se axuda á banca ou se axuda ás pemes", denunciou.

Entre as medidas que prevé a Lei para mellorar e facilitar o financiamento bancario destaca o preaviso, polo que as entidades bancarias deberán avisar con antelación se se vai reducir ou que suprimir o financiamento, algo vital para a planificación das pemes.

A Lei tamén achega o informe de cualificación crediticia, para valorar o risco da peme, e mellora o réxime xurídico das sociedades de garantía recíproca.

Así mesmo, a Lei flexibiliza a emisión de obrigas e facilita o paso dun sistema multilateral de negociación ao mercado secundario oficial, algo moi importante para as empresas que adquiren certa dimensión.

Con respecto ao financiamento non bancario, explicou o voceiro popular, encontrámonos coa oportunidade que supoñen as plataformas participativas de financiamento, o crowdfunding, que hai que regular; para facelo e aproveitar esa oportunidade fanse tres cousas: en primeiro lugar, establecer o réxime xurídico, en segundo lugar, regular a actividade das entidades autorizadas e en terceiro lugar, as normas que deben seguir os axentes que decidan recorrer a este tipo de financiamento".

Para Fernández, " hai que potenciar o crowdfunding, pero con seguridade; explicouse moi ben aquí onde nos levou a imprudencia cando se fala de crédito en España". "Por iso hai que ser moi prudentes e facer as cousas con control ou poderiamos vernos en situacións moi preocupantes, por exemplo con aqueles que arriscan a súa vivenda á hora de iniciar un proxecto," engadiu.

A este respecto, o voceiro adxunto de Economía, José López Garrido, explicou que o Proxecto de Lei de fomento do financiamento empresarial "non" é unha lei restritiva, é unha lei prudente á hora de regular un fenómeno novo como é o crowdfunding; ademais, somos dos primeiros países, non xa da Unión Europea senón do mundo, que acometen un proceso de lexislación deste fenómeno".

Para José López Garrido, relator principal do GPP,  co traballo realizado na Comisión e as transaccionais alcanzadas, "chegouse a un moi amplo consenso respecto a aspectos moi fundamentais da Lei, aínda que algúns terían querido máis", se ben non puido ser "ben por razóns de pura índole política, como a cuestión da banca pública, ou ben por razóns desa necesaria prudencia á hora de regular mecanismos novos de investimento".

Con todo, "o Grupo Popular cre que con esta Lei se dá solución á indefensión das pemes ante o peche do fluxo de financiamento, á protección dos investidores nesta nova modalidade de captación de financiamento para pemes que é o crowdfunding e, en xeral para todos, abrimos un horizonte novo de cara a que flúa o financiamento tanto para as pemes como para os traballadores autónomos", explicou o voceiro popular.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.