Investimento da Xunta de 45,4 millóns de euros para programas de formación e emprego

Saliento do Consello da Xunta celebrado hoxe o visto e prace a cinco programas da Consellería de Traballo e Benestar de emprego e formación para o ano 2015 que, en total, beneficiarán preto de 100.000 persoas e contarán cun orzamento global de 45,4 millóns de euros.

Trátase das ordes para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas (AFD), para os obradoiros de emprego, para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, para programas integrados de emprego e para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego.

No apartado de formación para desempregados, cun orzamento de 23,5 millóns e unha previsión de máis de 10.000 beneficiarios, desenvolveranse preto de 680 accións formativas vencelladas á obtención de certificados de profesionalidade.


- Os obradoiros de emprego, dos que se poderán beneficiar máis de 1.000 persoas contarán cunha partida de 10,2 millóns, e aos programas integrados destinaranse 5,7 millóns.

En colaboración coas entidades locais establécese a orde de fomento do emprego e mellora da empregabilidade, dotada con 1,3 millóns de euros para que máis de 380 persoas en situación de desemprego poidan ser contratadas para a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social.


- Por último, a partida para información laboral, orientación e prospección de emprego será de 4,6 millóns o que permitirá realizar distintas actuacións para 85.000 beneficiarios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.