jueves, 22 de enero de 2015

EPA : "O emprego creceu en 433.900 persoas nos 12 últimos meses"


O Instituto Nacional de Estatistica, INE acaba de difundir os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao Vuarto Trimestre de 2014. Estos son os principais resultados:

A ocupación aumenta en 65.100 persoas no cuarto trimestre respecto ao terceiro, ata un total de 17.569.100. É o primeiro aumento nun cuarto trimestre dende 2006.

variación trimestral do emprego é do 0,37% (incremento de 0,99% en termos desestacionalizados).

 O emprego creceu en 433.900 persoas nos 12 últimos meses. A variación anual é do 2,53%.

A ocupación sobe este trimestre en 63.100 persoas no emprego privado e 2.000 no público. Nos 12 últimos meses aumentou en 415.700 persoas no sector privado e en 18.100 no público.



O total de asalariados con contrato indefinido aumenta en 110.900 no cuarto trimestre, mentres que o de asalariados con contrato temporal baixa en 41.000. No último ano o emprego indefinido incrementouse en 212.800 persoas e o temporal en 176.900.

 O

número de traballadores por conta propia diminúe en 7.300 no trimestre e aumenta en 43.400 no ano.


A ocupación no último ano subiu nos Servizos (344.200 ocupados máis), na
Industria (98.000) e na Construción (40.000) e descendeu na Agricultura (48.400 menos). Neste trimestre aumenta na Agricultura (62.800 máis), a Industria (11.700) e a Construción (7.800) e baixa nos Servizos (17.200 menos).

Por comunidades autónomas, os maiores aumentos de ocupados danse en Andalucía (70.800 máis), Comunitat Valenciana (65.300) e Comunidade de Madrid (42.800). Os maiores descensos danse en Illes Balears (54.200 ocupados menos) e Cataluña (26.700).

No último ano case todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Os aumentos máis acusados obsérvanse en Comunidade de Madrid (122.600 máis), Andalucía (110.900) e Comunitat Valenciana (61.800).

O número de parados sobe este trimestre en 30.100 persoas e sitúase en 5.457.700. A variación trimestral do desemprego é do 0,55% (redución de -1,09% en termos desestacionalizados).

Nos 12 últimos meses o paro reduciuse en 477.900 persoas.

A taxa de paro é do 23,70%, tres centésimas superior á do trimestre anterior.

No último ano a taxa de paro descendeu máis de dous puntos porcentuais, dende o 25,73 do cuarto trimestre de 2013.

Por comunidades autónomas as maiores baixadas do paro respecto ao trimestre anterior se dan en Comunitat Valenciana (44.700 menos), Andalucía (23.300) e Canarias (20.100). Os maiores aumentos danse en Cataluña (30.500 máis), Comunidade de Madrid (28.800) e País Vasco (19.000).

A redución do paro en termos anuais é xeneralizada. Comunitat Valenciana (98.900 parados menos), Cataluña (83.000) e Comunidade de Madrid (73.200)
presentan os maiores descensos.

O número de activos aumenta este trimestre en 95.200 ata 23.026.800. A taxa de actividade sobe 0,25 puntos ata o 59,77%. No último ano os activos diminuíron en 44.000 persoas, principalmente debido ao descenso da poboación en idade de traballar (16-64 anos), cuxa causa fundamental é o envellecemento da poboación.

Galicia:

A nosa Comunidade baixou o número de parados a nivel interanual en 17.100 persoas, o que supón unha baixada relativa do 6,09 por cento.

Temos 17.100 parados menos que hai un ano.

Trátase do terceiro trimestre consecutivo no que as cifras do desemprego baixan en Galicia, polo que se consolida unha tendencia positiva, aínda que a cifra do paro segue, evidentemente, sen resultarnos satisfactoria. Seguiremos loitando contra o desemprego.

A poboación ocupada caeu en termos interanuais en 2.200 persoas, un descenso 17 veces menor ca o que se rexistrou en 2013, de 38.700 persoas. Esta caída é atribuíble ao incremento das xubilacións, ao envellecemento da poboación e a un lixeiro retardo na recuperación económica.

A poboación activa tamén rexistra unha caída interanual do 1,5%, que pode achacarse ás xubilacións (nunha poboación tan envellecida coma a nosa), a aquelas persoas que xa non declaran estar buscando emprego activamente e, en último lugar, aos que deixan Galicia con destino a outras CC.AA. ou ao estranxeiro.