Sobre o tramo de plataforma ferroviaria entre Taboadela e Seixalbo

Hoxe os medios de comunicación fanse eco da publicación no BOE de onte da Resolución do 19 de decembro de 2014, da Secretaría de Estado de Medio, pola que se formula informe de impacto ambiental de sometemento a avaliación de impacto ambiental ordinaria do proxecto de Plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense: tramo Taboadela-Seixalbo.

Lembremos que no BOE do 11 de abril de 2014 publicouse a Resolución da Secretaría de Estado de Infraestructuras de 3 de marzo de 2014 pola que se aproba o expediente de información pública e audiencia e o estudo informativo do “Proxecto de Integración Urbana e Acondicionamiento da Rede Ferroviaria de Ourense”, propoñendo como solución a desenvolver nos proxectos constructivos a alternativa 2 coas modificacións definidas no propio expediente a raíz das alegacións recibidas, e coas seguintes adecuacións:

- No tramo Taboadela-Seixalbo, optimizarase o trazado para pasar sobre o río Mesón de Calvos.

- No tramo Seixalbo-Ourense, se implantará exclusivamente unha plataforma de vía dobre, cunha via de ancho UIC e outra de ancho mixto.



Pois ben, con data 3 de marzo de 2014 tivo entrada na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, o documento ambiental do proxecto de plataforma integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense: tramo Taboadela-Seixalbo formulando modificacións no tramo Taboadela-Seixalbo á solución formulada no estudo informativo e validada pola declaración de impacto ambiental do proxecto Integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense. E que posteriormente, o 19 de marzo de 2014 se realizaron as consultas sobre a decisión de avaliación de impacto ambiental.



Tendo os resultados desas consultas e por proposta da Dirección Xeneral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, o Ministerio resolveu de acordo coa avaliación de impacto ambiental simplificada practicada segundo o previsto na Sección 2. ª do Capítulo II, do Título II, e a análise realizada cos criterios do anexo III da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, é previsible que o proxecto Plataforma integración urbana e acondicionamento rede ferroviaria de Ourense: tramo Taboadela-Seixalbo, cumprindo os requisitos ambientais que se desprenden da presente Resolución, vaia producir impactos adversos significativos, polo que se considera necesaria a tramitación prevista na Sección 1. ª do Capítulo II do Título II da devandita Lei. 


É dicir haberá que tramitar unha declaración ambiental ordinaria, que agardemos se practique coa maior celeridade.

O Ministerio de Fomento e ADIF consideran que este requerimento ambiental non debe afectar a execución das obras no plazo obxectivo de 2018.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.