Remata 2014 con 417.574 afiliados máis á Seguridade Social

Hoxe coñecemos os datos sobre afiliación ao Sistema da Seguridade Social a 31 de decembro de 2014: 

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 98.500 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 87 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,09 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 772 ocupados, (0,79 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2014 con 72.453 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 26.047 afiliados medios. 

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 926.482 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.178 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,23 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 11.856 ocupados (1,30 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2014 con 687.320 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 217.516 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.646 afiliados medios. 

España:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 16.775.214 ocupados, cifra que supuxo un incremento de 79.463 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,48 %). 

O dato desestacionalizado avala este bo resultado ao aumentar en 46.201 persoas.

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un increento de 417.574 ocupados (2,55 %).

É a primeira vez dende 2007 que asistimos a un mes de decembro con crecemento da ocupación en termos interanuais. 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2014 con 13.586.517 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 3.125.806 afiliados medios, o Réxime do Mar con 58.841 afiliados medios, e o do Carbón finalizou 4.050 afiliados medios. 


En canto a variación interanual, a afiliación media incrementouse en 417.574 persoas, é dicir, un aumento do 2,55%. Concretamente o Réxime Xeral creceu un 2,59%, o que se traduce en 342.649 afiliados máis que hai un ano.

Respecto ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos a afiliación aumentou en 75.466 persoas, un 2,47%. O Réxime do Mar descendeu en 233 (-0,40%), mentres o Carbón o fixo en 307 persoas (-7,05%).

Concluindo, con 2014 péchase a páxina dun ano de franca recuperación e con 2015 ábrese outro con mellores perspectivas.

Cabe recordar que dende o punto álxido de afiliación o Sistema chegou a perder máis de 3,2 millóns de afiliados, dos que se recuperaron 624.467 afiliados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.