Celebrando en Ourense o XXXVI aniversario da Constitución Española

Asisto hoxe ao acto conmemorativo do XXXVI aniversario da Constitución Española en Ourense

Un acto institucional, pero que na nosa cidade ten un componente máis participativo e aberto a sociedade. 

 Nel foron entregados aos escolares de 4 a 17 anos os premios da 31 edición do concurso escolar de debuxo ou traballo artístico, ou de redacción, sobre a Constitución Española, sobre o tema " De la Corona" Título II.


Un concurso no que poden participar os estudantes dos niveis educativos de infantil e primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional, tanto de centros de ensino xeral e formación profesional públicos coma concertados e privados da provincia de Ourense. Tamén poden participar na categoría de educación infantil e primaria os alumnos de centros de educación especial da provincia.



Tamén se entregaron recoñecementos honoríficos á traxectoria solidaria. Á policía nacional Eva Rodríguez, que coordina a Unidade de Prevención, Asistencia e Protección das vítimas de violencia de xénero; á Asociación Mans Unidas, e ao médico cirurxián pediátrico Manuel Garrido Valenzuela, que vén desenvolvendo dende hai anos un inxente labor solidario e asistencial en Bolivia.


Finalizou o acto cun magnífico discurso do subdelegado do goberno en Ourense, Roberto Castro García, e a interpretaciuón dos himnos de Galicia e de España.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.