viernes, 5 de diciembre de 2014

Avances da reforma fiscal do IRPF que entrará en vigor en 2015

Do Consello de Ministros celebrado hoxe destaco a aprobación dun Real Decreto polo que se modifica o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas en materia de pagamentos a conta e deducións por familia numerosa ou persoas con minusvalidez a cargo. A modificación regulamentaria prodúcese tras a recente aprobación da reforma fiscal, que entrará en vigor en xaneiro, e unha vez que superou o trámite de información pública.

As retencións salariais adaptaranse á rebaixa media do 12,5 por 100 que supón a reforma do IRPF para vinte millóns de contribuíntes. Desta forma, elévanse os umbrais de retención, isto é, a contía a partir da cal debe empezar a practicarse esta. Ademais incorporouse a nova escala de retención con tipos marxinais inferiores.


Estas modificacións xerarán, con carácter xeral, unha redución da carga tributaria soportada polos perceptores de rendementos de traballo, que se intensifica nos contribuíntes con menores recursos ou con maiores cargas familiares. A reforma fiscal na súa totalidade, incluído o Imposto sobre Sociedades, poñerá en mans dos contribuíntes nove mil millóns de euros en dous anos.


As retencións por actividades profesionais e actividades económicas baixarán do 21 por 100 o 19 por 100 en 2015 e o 18 por 100, en 2016. Incorpórase tamén o novo tipo do 15 por 100 para profesionais con menores importes de rendementos íntegros (quince mil euros anuais). O tipo de retención para administracións de entidades cuxa cifra de negocios sexa interior a cen euros pasará do 42 por 100 actual ao 20 por 100 en 2015 e ao 19 por 100 en 2016.

Regulación dos "impostos negativos"


O Real Decreto fixa os requisitos para aplicar as novas deducións por familia numerosa ou persoas a cargo con minusvalidez que son, básicamente, que realicen actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta na Seguridade Social ou mutualidade.

Como consecuencia da reforma do IRPF, a partir do 1 de xaneiro de 2015 existirán tres novas deducións (impostos negativos que operarán de forma análoga á dedución por maternidade), aplicable por traballadores por conta propia ou allea integrados nunha familia numerosa ou cun descendente ou ascendente con minusvalidez polo que teña dereito o mínimo correspondente (33 por 100 ou máis). Por cada unha delas terase dereito a unha dedución acumulable de 1.200 euros anuais.

 Percepción anticipada


Ao igual que a dedución por maternidade (outro imposto negativo perfectamente compatible cos novos), que se mantén, será posible solicitar á Axencia Tributaria a percepción anticipada das novas deducións, de forma que poida cobrarse a razón de ata cen euros ao mes por cada unha delas ás que se teña dereito. Para tal efecto, establécense dúas modalidades de solicitude da dedución de forma anticipada: colectiva e individual.


A solicitude colectiva presentarase por todos os contribuíntes que puidesen ter dereito á dedución respecto dun mesmo descendente, ascendente ou familia numerosa; por exemplo, dos dous pais integrados nunha familia numerosa ou dos dous pais que teñen un fillo con minusvalidez con dereito ao mínimo, só ten que cumprir os requisitos que figure como primeiro solicitante.
A solicitude individual presentarase polo contribuínte que cumpra os requisitos esixidos na deducción.

En total, 750.000 familias poderanse beneficiar das novas deducións (impostos negativos) por contribuínte con discapacitados a cargo ou familia numerosa, por un importe global de 732 millóns de euros en 2015.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta