A ministra comezou destacando que o sector aéreo ten unha importancia capital
para España xa que contribúe decisivamente a manter a súa cohesión territorial
e por outro, facilita o seu desenvolvemento económico dentro e fóra das nosas
fronteiras, sobre todo a sectores estratéxicos como o do turismo ou á
internacionalización das nosas empresas.
Deu algunhas cifras:
. Durante o pasado ano 2013, 187 millóns de pasaxeiros transitaron polos
aeroportos da rede de AENA.
Isto sitúa ao noso país como o terceiro país europeo e sexto do mundo en
actividade aeroportuaria por número de pasaxeiros.
. En novembro de 2014 Aena,
S.A. suma
trece meses consecutivos de crecemento. Alcanzáronse, cos datos acumulados de
xaneiro a novembro de 2014 os 183,6 millóns de pasaxeiros, un 4,5% máis que o
mesmo período do ano 2013.
Deles casi 129 millóns son internacionais (un 5,7% máis
que no mesmo período do ano anterior) e máis de 54 millóns nacionais (un 1,9%
máis que no mesmo período do ano anterior).
. Contamos con máis de 300 instalacións aeronáuticas: dende centros e torres de
control de tránsito aéreo; pasando por aeroportos e heliportos; ata aeródromos
e campos de voo para ultralixeiros.
. En España operan 760 compañías aéreas (61 españolas e 699 de terceiros
países); 145 empresas acreditadas para a realización de traballos aéreos e 150
organizacións de mantemento.
. Existen ao redor de 2.000 aeronaves operativas con certificado de
aeronavegabilidade en vigor. E máis de 40.000 profesionais de distintos ámbitos
da aviación contan con licenzas expedidas polo noso país.
. Sen esquecer as preto de 300 empresas dedicadas ao deseño e á fabricación de
compoñentes da aviación. Sen dúbidas, é unha puxante industria que cada día ten
maior presenza internacional.
Dixo que garantir a seguridade é unha prioridade
absoluta dentro da actividade do Ministerio, e que o estamos a conseguir tanto
coa adopción de novas iniciativas, todas elas recollidas no Plan de
Desenvolvemento do Sector Aéreo, e que inclúen a aprobación de novos
instrumentos normativos.
Informou que a Organización de Aviación Civil
Internacional (OACI)
vén liderando a adopción dun novo enfoque preventivo. O devandito enfoque está
baseado na xestión continua da información achegada por todos os axentes
implicados para a toma de decisións de mellora da seguridade aérea.
Trátase dun anexo sobre Sistemas de Xestión da Seguridade Operacional, aprobado o 25 de febreiro de 2013, que contén normas e recomendacións dirixidas aos Estados signatarios, entre os que se encontra España. A súa finalidade é a de implantar un modelo de xestión integral e continuo, baixo a denominación de Programa Estatal de Seguridade Operacional.

Explicou que o Programa Estatal de Seguridade Operacional (PESO) dende o punto
de vista operativo entende a seguridade como un ámbito de xestión no que se
integran un conxunto de procesos e actividades que permiten: Identificar e
avaliar os riscos relativos a cuestións de seguridade operacional e adoptar
decisións para manter controlados os riscos.E relatou os principios de actuación que inspiran a política do Programa e que
se dirixen a cada un dos actores intervintes no sector, son:
1. Mellorar
o nivel de seguridade operacional das compañías de transporte aéreo comercial
baixo a supervisión do Estado español, fortalecendo o sistema de supervisión.
2. Mellorar o nivel de seguridade operacional na navegación aérea de acordo cos
obxectivos da iniciativa do Ceo Único Europeo, así como a eficacia do noso
sistema de xestión da seguridade.
3. Traballar estreitamente para desenvolver unha política de seguridade
conxunta con Portugal, o noso socio no Bloque Funcional do sudoeste dos que
estruturan o espazo aéreo europeo no marco da política de Ceo único.
4. Mellorar a seguridade operacional nos aeródromos e heliportos, completando o
proceso de certificación destes e avanzando na regulación dos aeródromos e
heliportos públicos de uso restrinxido. Con iso perséguese que a taxa de
sucesos no ámbito aeroportuario se manteña por debaixo duns determinados
parámetros que se definirán no Plan de Acción de Seguridade Operacional.
5. Mellorar a seguridade operacional nos traballos aéreos e aviación xeral e deportiva.
6.
Promover o desenvolvemento seguro e ordenado do sector das aeronaves pilotadas
por control remoto; garantindo a dispoñibilidade do necesario marco normativo.
7. Asegurar que o sector da aviación civil cumpre cos requisitos de seguridade
recollidos nas normas nacionais e da Unión Europea aplicables, atendendo aos
resultados das actuacións inspectoras.
8. Potenciar a capacidade do sistema de supervisión da seguridade operacional
do Estado, mellorando os indicadores do grao de cumprimento coas disposicións
de OACI.
9. Recoller e detallar no Plan de Acción de Seguridade Operacional os indicadores e metas de rendemento de seguridade operacional do Estado, así como as iniciativas e as actuacións preventivas en materia de seguridade.
10. Facer un uso máis eficiente dos recursos dispoñibles e priorizar as actuacións inspectoras naqueles provedores ou áreas identificadas como de maior risco para a seguridade.
11. Promover o coñecemento e a aplicación dunha cultura de seguridade efectiva, co obxecto de implantar axeitadamente os procesos inherentes aos sistemas de xestión de seguridade dos provedores.
12. Velar por que se produza unha implantación real e efectiva dos sistemas de xestión de seguridade dos provedores de servizos e produtos aeronáuticos.
13. Desenvolver, en colaboración cos actores vinculados polo Programa, os sistemas de captura e procesamento de datos de seguridade e mellorar as metodoloxías que permiten a identificación de tendencias adversas e a identificación de áreas comúns de risco.
14. E, por último, potenciar os mecanismos que permiten divulgar información relacionada con riscos de seguridade dende e cara ao sector aéreo.