martes, 9 de diciembre de 2014

Chega o primeiro tren de mercadorías directo entre China e España

Destaco a presenza hoxe da ministra de Fomento, Ana Pastor, nas instalacións loxísticas de Adif en Madrid Abroñigal- a maior terminal de colectores do país- con ocasión da chegada do primeiro tren de mercadorías directo entre China e España.

Unha iniciativa que - como destaca o Ministerio - supón un fito tanto nas relacións comerciais entre China e España coma no panorama ferroviario internacional, ao poñer de manifesto a capacidade do tráfico transfronteirizo de mercadorías por ferrocarril como modo de transporte da máxima fiabilidade, versátil e competitivo con outros modos de transporte, o que no caso desta experiencia se traduciu nun aforro estimado de máis de dez días pola utilización da vía terrestre fronte á ruta marítima.

O convoi, que iniciou o seu percorrido o pasado 18 de novembro en Yiwu, na costa este de China, percorreu ao redor de 13.000 km no tempo previsto de 21 días, e atravesou, ademais desa gran nación, Kazakstán, Rusia, Belorrusia, Polonia, Alemaña e Francia ata chegar a España. No seu destino final, o tren, denominado Yixinou (contracción en mandarín de Yiwu, Xinjiang e Europa descargou 30 dos 40 colectores cos que iniciou a súa viaxe.


O tren, operado por IRS (InterRail Services) e DB Schenker Rail, circulou en España a través da empresa ferroviaria Transfesa. Ao longo do seu percorrido, o convoi, cun peso bruto de 1.400 toneladas, realizou cambios de locomotora aproximadamente cada 800 km.

Así mesmo, leváronse a cabo operacións de cambio de ancho ou transvasamento de colectores entre composicións, debido á existencia de diferentes anchos de vía, nas cidades fronteirizas de Dostyk (Kazakstán), Brest (Belorrusia) e Irún (España).

Así mesmo, hai que destacar a utilización por parte deste tren do Corredor Atlántico de Mercadorías, impulsado pola Unión Europea, dende Mannheim (Alemaña) ata Madrid (en total 1.818 km, dos que 645 discorren por España). Un dos aspectos máis sobresaíntes dos Corredores Europeos de Mercadorías é a implantación de xanelas únicas para axilizar e simplificar o acceso á rede e impulsar así os tráficos internacionais, que no caso do Corredor Atlántico se localiza en España e é xestionada por Adif.

Os resultados desta primeira viaxe, de carácter experimental, van a aser avaliados posteriormente para o posible desenvolvemento dun corredor ferroviario de mercadorías estable e bidireccional entre España e China, a maior potencia económica mundial similar á relación comercial existente actualmente entre Alemaña e China, que dispón xa de polo menos cinco trens semanais.

Felicidades ao Ministerio de Fomento por poñer en marcha unha estratexia loxística integral para mellorar a eficiencia e sostibilidade do sistema de transporte, desenvolver unha rede intermodal e potenciar o papel de España como hub de mercadorías, a través de tres liñas de actuación: regulación, control e supervisión; xestión e prestación de servizos, e actuación investidora.