Rayoy a Sánchez: "Non se pode facer unha cousa cando se está no Goberno e logo dicir outra radicalmente contraria cando se está na oposición"

Da sesión de control celebrada esta mañá no Pleno do Congreso, destaco a pregunta que Pedro Sánchez, líder do Grupo Parlamentario Socialista formulou ao presidente do Goberno sobre o presunto recorte por medio de leis dos dereitos e liberdades de moitos españois.


Respondeu Mariano Rajoy, negando tal afirmación e engadindo: “O maior recorte de dereitos que se levou a cabo recentemente no noso país produciuno un Goberno que deixou a España ao bordo do colapso económico, ao bordo do rescate, que fixo unha xestión económica que xerou un aumento do desemprego de 3.400.000 persoas que deixou a España en recesión, un déficit público de máis do 9%, e miles de facturas sen pagar; iso si que é un atentado aos dereitos dos cidadáns. O que estamos a facer agora algúns é intentar corrixir aquelas equivocacións, aqueles erros. Hoxe por fortuna en España xa hai crecemento económico e xa se está a crear emprego".


E engadiu: “Falou vostede tamén de leis. Eu non lle vou recordar a lei da patada na porta nin voulle recordar a lei que fixeron vostedes contra a violencia; non imos recordalas, pero xa que vostede ten citando algunha frase eu lle vou a citar outras bastante máis actuais que esa á que vostede se referiu hoxe nesta Cámara: Se as manifestacións son pacíficas, loxicamente a Policía é tolerante porque é unha Policía intelixente, pero se hai violencia a Policía ten que actuar e duascentas persoas non poden poñer patas arriba a cidade. Non imos consentir que haxa violencia en ningunha manifestación de España, que os dereitos dos cidadáns se vexan menoscabados. Hai algunha outra frase que creo que lle pode interesar: Se somos laxos, primeiro potenciamos as mafias e, segundo, esa avalancha non hai quen a pare. Outra frase: Ningún país pode permitir que entren polas súas fronteiras cantos inmigrantes queiran facelo; España tampouco. Esas son frases do señor Pérez Rubalcaba, que probablemente tiña bastante máis tino que vostede cando pronunciaba frases nesta Cámara"

E concluíu afirmando: "En calquera caso, si é bo que lle recorde, señor Sánchez, que non se pode dicir unha cousa cando se está no Goberno -mellor dito, facela- e logo dicir outra radicalmente contraria cando se está na oposición; é o que lle pasa coas concertinas, é o que lle pasa co déficit público e é o que lle pasa coa reforma da Constitución. Ao final, todo iso acaba xerando a sensación -se non a seguridade- de que ten vostede certa confusión á hora de ter un criterio sobre calquera cousa".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.