Rafael Hernando, novo portavoz do GPP

Hoxe tivemos reunión plenaria do GPP na que o noso presidente, Mariano Rajoy, propuxo como novo portavoz parlamentario a Rafael Hernando e que José Antonio Bermúdez de Castro continúe co seu labor de secretario Xeral do GPP.

O novo portavoz popular, en declaracións aos medios, agradeceu a Rajoy "a revalidación da confianza nun equipo encabezado por Alfonso Alonso que trouxo ao grupo parlamentario ata aquí".

Rafael Hernando afirmou que vai seguir intentado trasladar a mensaxe do PP e do Grupo Parlamentario da mellor forma posible e aberto ao conxunto doutras formacións políticas".

Neste sentido, recordou que "nesta Legislatura fixemos un esforzo por dialogar cos outros" e afirmou que malia que "na última etapa quizais haxa algúns que, cohibidos polas síndromes do que se lles está vindo encima, decidiron cortar esta comunicación, a min gustaríame seguir dialogando e seguir falando para acometer este ano as reformas importantes que están encima da mesa de forma consensuada".

"Nós estamos aquí para seguir traballando polas reformas, para seguir facendo reformas e sacalas adiante como, por exemplo, o paquete importante en materia de regeneración política que se presentou e estase debatendo neste momento na Cámara", subliñou.

Así mesmo, o portavoz do GPP remarcou que "hai que explicar que fixemos, por que o fixemos e as consecuencias que está producindo".

"España xa vai mellor que antes e agora empeza a ir ben", aseveróu Rafael Hernando, quen resaltou que "hoxe estamos mellor que o ano pasado, 2014 vai ser mellor que 2013 e 2015 vai ser mellor que o 2014".

"Isto demóstrase coa evolución de elementos tan importantes como as cifras de afiliación á Seguridade Social, a creación de emprego e os índices económicos que empezan a chegar aos cidadáns."

Doutra banda, o dirixente do PP reivindicou o papel social do Goberno de Mariano Rajoy. "Mentres que outros Gobernos ante situacións difíciles optaban por conxelar as pensións con inflacións do 3,5% que implicaba perdas do poder adquisitivo dos nosos maiores, este Executivo non só mantivo o nivel adquisitivo dos pensionistas, senón que o aumentou", destacou Rafael Hernando, quen recordou que "en 2013 e 2014 creceron as pensións e coa inflación baixa creceu o poder adquisitivo dos pensionistas".

Tamén, valorou "moi positivamente o acordo alcanzado onte cos axentes sociais".


Para o portavoz do GPP, "é enormemente trascendental que nuns momentos nos que empeza a haber certo desafogo económico, produto das reformas, pénsese nas persoas que máis o necesitan, como os parados de longa duración, que lles afectou a crise de forma extraordinaria".

"Este acordo responde á política social deste Goberno, como no pasado foi o pago das débedas da Sanidade, o aumento das dotaciones á dependencia e o récord en diñeiro destinado ás becas", indicou.

Para rematar, o portavoz do GPP subliñou que "este é un país no que houbo un Goberno que se atopou unha tarefa moi difícil e un grupo parlamentario cunha tarefa enormemente complicada". "Esta foi a legislatura máis complicada", remarcou Hernando, quen concluíu que "España xa vai mellor que antes e agora empeza a ir ben".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
 
Con la tecnología de Blogger.