Constituida a Asociación Parlamentaria de Amigos do Camiño de Santiago

Deputados e senadores de todas as CC.AA. e de todos os partidos políticos constituímos hoxe pola tarde de forma oficial a Asociación Parlamentaria de Amigos do Camiño de Santiago, unha iniciativa que pretende poñer en valor a Ruta Jacobea, un itinerario de peregrinación recoñecido como primeiro Itinerario Cultural Europeo dende 1987, Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1993 e Premio Príncipe de Asturias da Concordia dende o 2004.

Ao acto solemne de constitución, que tivo lugar no Salón de Pasos Perdidos da Cámara Baixa, asistiu o presidente do Congreso, Jesús Posada; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Lameira Castro; a presidenta da Federación de Asociacións do Camiño de Santiago, membros do Consello Xacobeo del Ministerio de Cultura, así como deputados e senadores de todos os grupos políticos.

A iniciativa pretende consolidar no Parlamento de todos os españois un foro de encontro, entendemento e espazo común sobre o Camiño de Santiago. No acto interveu, ademais do presidente do Congreso e a secretaria xeral de Turismo, o deputado popular pontevedrés Gonzalo Ordóñez, promotor da iniciativa.

Ordóñez destacou que "toda España, toda a península ibérica, sente como propio o Camiño de Santiago" e afirmou con rotundidade que "o Camiño francés, dende Sant Jean Pied de Port en Francia; o Camiño do Norte, dende Irún; a Vía da Prata, dende Sevilla; o Camiño Sanabrés, dende Zamora; o Primitivo, dende Oviedo; o Inglés, dende Ferrol; o Camiño a Fisterra, o Portugués, dende Lisboa, o Camiño do Ebro, dende Tortosa; o de Levante, dende Valencia, Alicante ou Cartagena ou os Camiños de Castela son algo máis que vías de comunicación. Son arterias polas que continúan transitando a cultura, a arte, a economía; pero tamén o entendemento, a espiritualidade, a solidariedade, o respecto mutuo ou o mero desexo de coñecer e compartir. Valores, sen dúbida, tamén propios dun ancestral legado común".

Ordóñez recalcou que "no espazo que hoxe denominamos Europa latexa un sentimento de participar dun destino ao que todos fomos convocados e no que todos somos protagonistas" e recordou que "Europa, como proxecto compartido, foi o sono e empresa de ilustres personaxes. Jean Monnet, Konrad Adenauer, Robert Shuman, Joseph Bech, Alcide de Gasperi e tantos outros".

O deputado agradeceu a todos a absoluta disposición que mostraron dende o primeiro momento para apoiar a ruta Xacobea e se mostrou disposto a seguir traballando para impulsar esta iniciativa que hoxe naceu co apoio de ambas as dúas Cámaras.

Tamén participou no acto a  directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que afirmou que a constitución desta Asociación Parlamentaria de Amigos do Camiño de Santiago é unha mostra máis da grande importancia e recoñecemento que está a alcanzar a Ruta Xacobea. Neste senso, destacou outros grandes recoñecementos internacionais, como a declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO ou a declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa, que converten ao Camiño de Santiago nun itinerario de referencia a nivel mundial.
 
Lembrou que máis de 236.000 peregrinos recibiron a Compostela no que vai de ano, un aumento en relación ao mesmo período do ano pasado de máis do 10%. Ademais dixo que  a tendencia actual mostra un importante incremento de peregrinos estranxeiros ata tal punto que xa son máis numerosos que os nacionais. No que vai de ano máis de 123.000 peregrinos foron estranxeiros, o que supón máis do 52% do total.
 
 Neste sento, a directora de Turismo de Galicia destacou que “o Camiño de Santiago é, sen dúbida, o produto turístico estrela de Galicia e a súa icona máis universal”. “Constitúe a nosa carta de presentación no mundo e é un potente elemento diferenciador para Galicia”, afirmou.
 
Nava Castro incidiu en que desde Turismo de Galicia estase traballando na revitalización e dinamización da Ruta Xacobea pero sempre tendo en conta a súa capacidade e preservando os seus recursos patrimoniais e culturais. “Dende Turismo de Galicia somos plenamente conscientes dos desafíos de sostibilidade ambiental, sociocultural e económica que leva consigo o continuo aumento do número de peregrinos”.
 
Nesta liña, a directora de Turismo de Galicia explicou que estase a traballar no Plan Director do Camiño de Santiago que servirá para que o desenvolvemento e crecemento do mesmo se realice de forma equilibrada, sostible e respetuosa co carácter do fenómeno xacobeo. “Así, a través de dous instrumentos de xestión, un Plan Director e un Plan Estratéxico, se revitalizará e promoverá o estudo e investigación de todas as rutas xacobeas e da súa infraestrutura, patrimonio e legado inmaterial”, explicou Nava Castro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.