No faladoiro de Radio Voz


Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Diaz Leal e na que interviron Xaume Vila, Mariluz Cabal e Pablo Mosquera.


Falamos en primeiro lugar de que a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën adxudicouse a fabricación do novo modelo de furgoneta, coñecido como proxecto K9 que comezará a fabricarse a partir de 2017. 

Cualifiquei como unha extraordinaria noticia, sen paliativos, para os 7.000 traballadores de Citroën en Vigo, e para o conxunto das 19.000 familias que traballan no sector da automoción, unha excelente noticia para o PIB galego, para os nosos portos e para o conxunto da economía. 

Subliñei o apoio prestado polo persoal rebaixando os seus salarios e algunhas das súas condicións laborais, polas empresas proveedoras integradas na súa cluster, e pola Xunta de Galicia.

 Sen dúbida todos estes factores e a gran competitividad do sector do automóbil galego contribuíu a este gran obxectivo.


Falamos logo do programa extraordinario de activación do emprego, subscrito hoxe polo presidente do Goberno, a ministra de Emprego e Seguridade Social e os dirixentes dos sindicatos CCOO e UGT e as organizacións empresariais CEOE e CEPYME.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.