lunes, 15 de diciembre de 2014

Os novos vehículos K-9 de Citröen se fabricarán en Vigo

Destaco como unha extraordinaria noticia a decisión da  dirección de PSA Citröen de que os novos vehículos K9 se fabricarán en Vigo, a partir de 2017. 

PSA valorou a calidade e a produtividade do traballo que se realiza na fábrica de Vigo. 

Ademais tivo en conta o valor engadido do sector en Galicia, o seu carácter innovador: a cualificación dos seus traballadores e a cooperación a través do clúster da automoción.  Tamén a innovación que o Goberno galego está a desenvolver desde o CTAG que é unha referencia internacional no eido da tecnoloxía.

Foi precisamente o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo quen deu hoxe a noticia que cualificou como "a mellor posible para os 7.000 traballadores de Citröen en Vigo, a mellor noticia posible para o conxunto das 19.000 familias que traballan no sector da automoción en Galicia, a mellor noticia posible para boa parte do PIB de Galicia e a mellor noticia posible para boa parte das exportacións da comunidade”, abundou.

Feijoo  aseverou que esta decisión é, sen dúbida, un recoñecemento aos esforzos de todos os que traballaron neste proxecto e, sobre todo, un recoñecemento aos traballadores da fábrica de Vigo e aos traballadores do sector da automoción en Galicia.

Parabens aos traballadores da fábrica de Vigo e a todo o sector industrial de Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta