Hoxe
coñecemos unha excelente noticia para os estaleiros españois e en especial para
os galegos xa que o Tribunal da Unión Europea rexeitou, o recurso dos
estaleiros holandeses para que a Comisión Europea abrise un procedemento de
investigación sobre a amortización anticipada para o financiamento de activos
(aplicable a buques), que fora autorizada pola Comisión Europea o 20 de novembro
de 2012. Esta decisión foi recorrida o pasado 8 de marzo de 2013 pola
asociación de estaleiros holandeses (Netherland Maritime
Association).
Deste modo o Tribunal da UE
ratifica o sistema de 'tax lease'
español actualmente en vigor, frustrando a vontade dos estaleiros holandeses de
alterar a libre competencia comercial no sector naval europeo.
Recordemos que o Goberno de España aprobou hai dous anos este novo sistema,
froito dun traballo conxunto con outras administracións e co propio sector,
nunha acción que resultou de vital importancia para afianzar a confianza na
construción naval española.
A sentenza dá a razón á Comisión Europea e afianza a posición dos estaleiros
españois ante armadores, entidades financeiras e investidores. Alcanzamos así
un sistema estable e seguro, xerador de confianza e, ademais, o único en Europa
que ten o total respaldo da Comisión.
Ata a data formalizáronse un total de 12 estruturas co novo sistema de tax lease, para
contratos que no seu conxunto suman máis de 309 millóns de euros e son
xeradores de aproximadamente 1.370.000 horas de traballo. Ata o momento, en
todos elas están a participar como investidores empresas españolas de primeiro
nivel.
Así mesmo, espérase que a todos estes datos se engadan en breve os de
novos contratos cuxas estruturas de tax lease están
actualmente a ser obxecto de negociación por parte dos estaleiros.
Recibirá resposta
Recibirá resposta