Soraya Sáenz de Santamaría:" a estabilidade politica tamén cotiza en bolsa"

Asisto onte pola tarde ao acto de celebración do décimo aniversario do Colexio de Economistas de Ourense que contou coa presenza da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría e do presidente da XuntaAlberto Núñez Feijoo.

Abriu o acto o decano do Colexio de Economistas de OurenseGuillermo Díaz, e logo foi a quenda do presidente do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, Valentín Pich, e do economista Alfonso Perez que falo en nome dos 67 colexiados fundadores.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no seu parlamento avogou por unha economía democrática que permita crear un mundo máis xusto e máis humano.

Subliñou que as crises que se producen na economía democrática afróntanse con consenso social, modificando políticas equivocadas e arbitrando medidas correctoras. Mentres que, pola contra, cando teñen lugar en sistemas autoritarios ou populistas, “son sempre máis persistentes porque o poder político está cimentado en dogmas simplistas; a economía está ao servizo do dogma, e este depende da vontade do ditador ou líder carismático”.
“O sistema democrático propón as respostas máis axeitadas e xustas, tendo ademais a incomparable vantaxe de que os erros que se poidan cometer son sempre corrixibles”, abundou.
Nesta mesma liña, afirmou que se Galicia estivera sumida ao comezo da crise nalgunha das versións do populismo que nega a realidade, para non ter que enfrontarse con medidas ingratas, cunha política económica incapaz de ollar a medio prazo e zarandeada por consignas minoritarias e intereses corporativistas, nin os servizos públicos, nin as infraestruturas, nin a Administración estarían mellor salvagardados, “porque o dogma económico, a miopía política e o interese cortopracista conducen os pobos a situacións dramáticas”.
Así mesmo, asegurou que tampouco o sistema fundamentado na economía libre estivo a salvo de pechadas ortodoxias. E, neste sentido, afirmou que a crise que imos superando é unha secuela de paradigmas estreitos en materia financeira que, no seu momento, semellaban incuestionables. “Admitamos que tamén aquí se incorreu no pecado do dogmatismo, e na tentación de aplicar solucións deslumbrantes e sumarias que nos conducían a unha situación moi difícil”, lembrou.
Diante deste panorama, Feijóo fixo fincapé na necesidade de que economistas e políticos “non esquezamos esa lección”. “Cómpre que axudemos a facer entender que hai atallos que non levan a ningures, que se ofrecen píldoras que non curan, senón que disfrazan a doenza que padece en cada momento a economía dun país”, dixo, ao que engadiu que “non existen solucións simples para os problemas complexos”.

Na súa intervención a Vicepresidenta Saénz de Santamaría fixo un amplio repaso dos principais indicadores económicos de España, que ao seu xuízo avanzan un futuro bastante máis esperanzador que o que se encontrou o Goberno de Rajoy á súa chegada en 2011.



Cualificou a situación actual como totalmente diferente pois as reformas estruturais fixeron que España non sexa un risco, aínda que tampouco inmune aos riscos do exterior, aínda que si máis fortes para afrontalos. Ademais dixo que o noso País lidera o crecemento europeo.



Referiuse á reforma laboral, ao saneamento bancario e á reforma da Administración, coa supresión de 2.009 empresas públicas que permitiu aforrar en ano e medio 14.000 millóns de euros, "presuposto e medio da Xunta de Galicia; e só xestionando ben".


Sobre o futuro dixo que "non todos os programas económicos, se é que se teñen, poden servir para facer fronte á necesidade de recuperación, e que se fala moito de programas económicos, de se se teñen ou se se ocultan, de se se anuncian ou se se rectifican"

Afirmou que as reformas estruturais foron posibles porque "a estabilidade tamén cotiza en bolsa". Defendeu que hai que ser "moi realista e moi consecuente" e, sobre todo, "moi consciente" de que gobernar "é elixir".


Estabilidade sustentada nunha ampla maioría que foi a que permitiu abordar a situación económica e que permitiu ao Goberno "ser independente" na toma de decisións económicas e políticas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.