martes, 2 de diciembre de 2014

Descenso do paro rexistrado en novembro, aínda que en Galicia medra

Coñecemos hoxe o dato de que o número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego de España baixou en novembro en 14.688 persoas, cifra que supón o mellor dato rexistrado neste mes en toda a serie histórica e deixa a cifra total de paro rexistrado en 4.512.116 persoas.

Trátase da segunda caída do paro neste mes tras a anotada en novembro do pasado ano, cando se rexistraron 2.475 parados menos. Nos últimos seis anos o paro tivera un incremento medio superior ás 64.000 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro rexistrado baixa en 51.308 persoas, a maior redución nun mes de novembro de toda a serie histórica, e a segunda maior de calquera mes.

Respecto a novembro de 2013, o paro reduciuse en 296.792 persoas (-6,17%), o que supón a maior caída interanual neste mes dende 1998.

Durante os once primeiros meses de 2014, o paro rexistrado diminuíu en 189.222 persoas, o maior descenso acumulado neste período en dezaseis anos.

Pola súa banda, o paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos descendeu nos últimos 12 meses en 35.451 persoas, o que supón un 7,8% de caída interanual.

O paro cae entre os traballadores procedentes de todos os sectores, salvo en Servizos. Así, en Construción baixa en 9.065 persoas (un 1,68% menos), en Agricultura en 8.580 persoas (un 3,83% menos), e en Industria en 5.304 persoas (un 1,16% menos). Entre os desempregados procedentes do sector Servicios sobe en 8.849 persoas (un 0,31% máis).

O paro rexistrado baixa en 11 Comunidades Autónomas, encabezadas por Andalucía (-9.571), Comunidade Valenciana (-6.763) e Cataluña (-5.481). Sobe, pola contra, en 6, encabezadas por Illes Balears(8.798) e Galicia (4.588).

GALICIA

Remata novembro con 248.632 parados, 4.588 mais que no mes anterior (1,88%) ; en termos interanuais o número de parados en Galicia diminúe en 22.222 persoas, o que representa en valores porcentuais o - 8,20%.

No mes de novembro sempre se rexistran subas do paro rexistrado, pero trátase, igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de novembro de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999. Con estas cifras, o paro rexistrado volve a cifras inferiores a novembro de 2011. 

Con respecto á media do Estado, Galicia presenta un comportamento 2 puntos mellor en termos interanuais que a media estatal, aínda que en novembro e en termos intermensuais o paro baixase en España un 0,32%. 

A nivel provincial, o paro sobe en tódalas provincias galegas, con A Coruña á cabeza (1.764 parados máis). 

OURENSE

Remata o mes de novembro con 27.251 parados, 993 mais que no mes anterior (3,78 %)  , deles 12.684 son homes e 14.567 mulleres, 25.577 son maiores de 25 anos e 1.674 menores.

Por sectores, 1.356 son da agricultura, 3.741 da industria, 3.355 da construción, 16.395  nos servizos e 2.404 do colectivo sen emprego anterior.


En termos interanuais o número de parados en Ourense diminúe en 1.181 persoas, o que representa en valores porcentuais o - 6,46 % 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta