miércoles, 3 de diciembre de 2014

Falando do novo ministro Alfonso Alosno e da violencia no deporte


Participei hoxe no faladoiro de Radio Voz que modera a xornalista Antía Díaz Leal e no que hoxe tamén estiveron, Laura Seara, Antón Arias e Roberto Blanco Valdés.

Falamos en primeiro lugar da batalla campal do domingo pasado, preto do estadio Vicente Calderón co terrible resultado de morte dun dos implicados, do grupo dos Riazor Blues.

Valorei como positivas, aínda que insuficientes, as medidas adoptadas polos representantes do Atlético de Madrid e o Deportivo, que sen dúbida deben ser máis efectivas como as que outros importantes clubs de fútbol tomaron xa, hai anos con aquelas persoas violentas que desvirtúan a práctica deportiva e que se debe expulsar da vida deportiva.

Dixen que o próximo martes comparecerán no Congreso Miguel Cardenal e Francisco Martínez, secretarios de Estado para o Deporte e de Seguridade, respectivamente, para informar eses sucesos.

Uns feitos de extremada gravidade que seguen baixo investigación policial e xudicial.

Opinei que era necesario concretar entre outras medidas como a expulsión dos grupos violentos dos estadios e o cambio de estatutos para proceder ao peche parcial das bancadas destes recintos, a necesidade de controlar todo o que ten que ver coa venda de entradas.

Tamén mesmo a posibilidade de aplicar medidas como a prohibición da entrada ao campo, o peche de estadios e tamén a de bancadas.

En Ourense- maio 2014
Igualmente  falamos do nomeamento de Alfonso Alonso Aranegui como responsable do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Un Ministerio ao que lle corresponde a proposta e execución da política do Goberno en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e de consumo, así como o exercicio das competencias da Administración Xeral do Estado para asegurar aos cidadáns o dereito á protección da saúde.

Así mesmo a este departamento correspóndelle a este a proposta e execución da política do Goberno en materia de cohesión e inclusión social, de familia, de protección do menor e de atención ás persoas dependentes ou con minusvalidez e de igualdade, así como de loita contra toda clase de discriminación e contra a violencia de xénero.

Valorei de modo moi positivo este nomeamento de Alfonso Alonso Aranegui, que ten unha ampla experiencia parlamentaria, como voceiro do principal grupo do Congreso, e en xestión, pués foi alcalde Vitoria

Unha persoa centrada, dialogante e cunha gran capacidade de comunicación. E dende logo preocupado polos temas sociais pois non en van na pasada lexislatura foi o coordinador da área social do Grupo Parlamentario Popular.

Sen dúbida daralle un perfil máis político ao executivo de Mariano Rajoy e o seu reto continuar impulsando a axenda social do Goberno.

Parabéns a Alfonso Alonso.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta