Alcoa consegue os seus obxectivos na poxa eléctrica e manterá os seus postos de traballo en A Coruña

Hoxe temos motivos para celebrar que Alcoa teña conseguido os seus obxectivos de acadar máis megawatios na subasta de interrumpibilidade na poxa eléctrica celebrada en Zaragoza e, que polo tanto, manteña a actividade da planta de fabricación de aluminio de A Coruña e conseguintemente os seus postos de traballo.

Lembremos que a interrumpibilidade é unha ferramenta de xestión da demanda que achega flexibilidade e resposta rápida para a operación do sistema eléctrico ante situacións de desequilibrio entre xeración e demanda. Este servizo actívase en resposta a unha orde de redución de potencia dada por Rede Eléctrica aos grandes consumidores que sexan provedores deste servizo, principalmente, a grande industria.

De acordo coa normativa pola que se regula o mecanismo de asignación do servizo de interrumpibilidade, Rede Eléctrica é a empresa responsable de organizar e xestionar este sistema de poxas que serve para asignar o servizo de interrumpibilidade, de forma competitiva e eficiente.

Pois ben Alcoa acadou finalmente os bloques solicitados na poxa e, polo tanto, a retribución necesaria para garantir a súa competitividade o que supón unha boa nova para Galicia, para a empresa e, sobre todo, para os seus traballadores. Tamén para Asturias que manterá a planta de Avilés

Temos que recoñecer o traballo e o esforzo conxunto realizado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e tamén o da Xunta de Galicia.

E por suposto o recoñecemento aos traballadores da planta de Alcoa na Coruña polo seu compromiso e a súa implicación para acadar este obxectivo, agradecemento que estende tamén a Red Eléctrica polo esforzo levado a cabo durante todo o procedemento. 

!Unha excelente nova neste Nadal!


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.