lunes, 22 de diciembre de 2014

De Guindos informa sobre o Plan Juncker

Asisto hoxe á Comisión de Economía e Competitividade que se reuniu dende as 10,45 horas, para debater e votar, con competencia lexislativa plena, o Proxecto de Lei de desindexación da economía española.


Logo compareceu con gran expectación mediática o ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, para explicar, a petición propia, o Plan de investimentos para Europa, o chamado Plan Juncker unha das principais iniciativas da Unión Europea, que o pasado xoves recibiu o visto e prace do Consello Europeo.

Comezou falando da razón de ser do plan, cuxo obxectivo non é outro que impulsar o investimento e lograr así unha mellora substancial no crecemento e a creación de emprego en Europa. Algo que resulta especialmente relevante dada a débil recuperación que está a ter lugar na zona euro, cun crecemento moito máis lento do que se esperaba.


Aínda que dixo que iso contrasta coa situación en España, onde a recuperación se está a consolidar e fai máis forte. Afirmou que vos indicadores dispoñibles apuntan a que a taxa de crecemento do cuarto trimestre será polo menos similar á do terceiro, que alcanzou o 0,5%, o que nos vai permitir entrar en 2015 cun crecemento anual superior ao 2%, moi por enriba do dos nosos socios da zona euro. Engadiu ademais, que este crecemento diferencial que mantemos respecto á media da zona euro se vai prolongar no tempo, tal e como recollen os principais analistas e organismos internacionais.

Dixo que a España lle interesa que no resto de Europa a recuperación despegue, dadas as estreitas interdependencias que nos unen aos nosos socios europeos. Se a Europa lle vai ben a España iralle mellor. Europa non pode permitirse que 2015 sexa outro ano perdido en termos de crecemento e de creación de emprego. É necesario corrixir esta situación e que a recuperación chegue a todos os cidadáns.

Logo detallou que o Plan Juncker ten como obxectivo mobilizar 315.000 millóns de investimento público e privado durante os próximos tres anos e que co plan, a Comisión pretende achegar ao PIB entre 330.000 e 410.000 millóns de euros e crear 1,3 millóns de novos empregos.

Dixo que o contido específico do plan afecta a tres ámbitos fundamentais: o financiamento, os proxectos e as reformas necesarias que se deben realizar co fin de que a Unión Europea resulte máis atractiva para o investimento

Para financiar o plan vaise crear un novo fondo europeo para investimentos estratéxicos, que se integrarán na estrutura do Banco Europeo de Investimentos, o BEI. Este novo fondo estará dotado cunha achega inicial de 21.000 millóns de euros; deles, 16.000 millóns serán unha garantía do presuposto comunitario e 5.000 millóns serán fondos comprometidos polo BEI

Pero o máis relevante é que con esta achega se prevé obter 315.000 millóns en investimento adicional, xa que o plan se basea nun ambicioso efecto de apancamento. En particular o efecto multiplicador esperado é que un euro público xere quince euros de investimento total, unha provisión que se pode considerar razoable, tendo en conta a experiencia do BEI en prácticas similares. 

Isto será posible porque o fondo asumirá as primeiras perdas de cada proxecto, o que permitirá mobilizar fluxos de capital privado para os proxectos de maior risco. 

Por outra parte, o fondo tamén está aberto ás achegas tanto dos Estados membros coma das entidades de natureza similar ao noso Instituto de Crédito Oficial, os que se chaman Bancos Nacionais de Fomento.

Dixo que co obxectivo de que o mecanismo estea plenamente operativo a mediados de 2015, a Comisión presentará a proposta normativa de creación do instrumento no mes de xaneiro.

Con relación aos investimentos que se van financiar dentro do plan, a Comisión propuxo crear unha carteira de proxectos que garanta o financiamento que se xere e que atenda ás necesidades da economía real. Para iso, os proxectos deben ser economicamente viables e deben ter un claro valor engadido para o conxunto da economía europea.

Engadiu que para asegurar que os proxectos se elixen sobre a base dos seus propios méritos non haberá ningunha cota por países ou por sectores. A Comisión só especificou que haberá dúas principais áreas de investimento. En primeiro lugar, prevese que tres cuartas partes dos recursos do novo fondo se destinen a investimentos a longo prazo en infraestruturas, proxectos estratéxicos para a Unión Europea, enerxía, transporte, investigación e desenvolvemento, educación e eficiencia enerxética.

En segundo lugar, prevese que o cuarto restante do fondo total dos recursos que se canalicen a través do fondo se dirixa a pemes e empresas de mediana capitalización. O obxectivo é axudar estas empresas a superar as limitacións ás que se enfrontan, proporcionándolles maiores cantidades de recursos propios, así como garantías adicionais para a titulización de alta calidade dos préstamos a pemes.

Dixo que estas áreas prioritarias de investimento son tamén de grande interese para España e que se enviaron proxectos para ser implementar entre 2015 e 2017 por un valor de case 53.000 millóns de euros. Entre os sectores principais que incluímos, destacan o enerxético, o de investigación e desenvolvemento e o dos transportes.

Respecto ao sector enerxético, dixo que este supón case a metade da cantidade total presentada por España, con máis de 25.000 millóns de euros. E que para o noso país son prioritarias as infraestruturas de interconexión, posto que asegurarían un funcionamento máis eficiente do mercado único da electricidade e do gas.

Os proxectos de I+D tamén son prioritarios e o seu valor na lista preliminar ascende a máis de 11.000 millóns de euros. Inclúense, por exemplo, instalacións específicas para as pemes así como proxectos que reforzan os vínculos entre a I+D e a educación superior, coa universidade. Os proxectos de I+D privada ocupan tamén un lugar importante. Van dende os relacionados co sector aeroespacial ata os de apoio á reindustrialización. Outro exemplo de proxecto interesante é o despregamento de infraestrutura de banda ancha de alta velocidade fixa e móbil.

Respecto ao sector do transporte, o valor dos proxectos supera os 6.000 millóns de euros. Son clave os investimentos para completar a rede actual e para garantir que as infraestruturas existentes se utilizan en todo o seu potencial, evitando colos de botella.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta