miércoles, 24 de diciembre de 2014

Novos mecanismos de financiamento e de apoio á liquidez das Comunidades Autónomas

Onte tivo lugar en Madrid o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) presidido polo ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro. 



Nel constatouse a mellora da situación económica e o abaratamento dos custos. Un no momento para reforzar e ampliar a cobertura dos mecanismos de financiamento. 


Mecanismos abertos a todas as CCAA e EELL, sen excepcións, para que participen dos aforros financeiros, resultado do esforzo conxunto. Proponse agora a tipo de xuro do 0% para as CCAA polos préstamos baixo estes mecanismos, asumindo o Estado a diferenza co tipo de financiamento do Tesouro.

Ademais, reestrutúranse e simplifican os mecanismos, para unha xestión máis sinxela e eficiente. Todos os mecanismos de apoio á liquidez das Comunidades Autónomas quedarán englobados no fondo de Financiamento a CCAA, e os mecanismos de apoio á liquidez das Entidades Locais, quedarán recollidos no fondo de Financiamento a EELL.


Fondo de Financiamento a Comunidades Autónomas.

O novo Fondo de Financiamento a CCAA, aberto para todas as Comunidades Autónomas, terá varias modalidades:


Facilidade Financeira: Para as CCAA que cumpran os obxectivos de estabilidade presupostaria, débeda pública e período medio de pagamento a provedores. A súa adhesión non requirirá acordar un plan de axuste. As CCAA que se adhiran a esta modalidade, manterán o tipo de xuro do 0% durante os anos 2015, 2016 e 2017, segundo o seu cumprimento, para o pagamento de todos os vencementos, débeda comercial e liquidacións negativas.



Fondo de Liquidez Autonómico: As CCAA adheridas ata hoxe ao FLA que non cumpran os obxectivos, quedan adscritas automaticamente a este fondo,así como as que incumpran o período medio de pagamento a provedores.

Fondo Social: As CCAA poderán financiar as débedas coas EELL, a 31 de decembro de 2014, que se deriven de convenios en materia de gasto social. As CCAA que non adhiran e non cancelen por si mesmas estas débedas, quedarán suxeitas a retencións do sistema de financiamento autonómico, para realizar estes pagamentos. Reformarase a LOFCApara facilitar estas retencións.



Aforros das novas medidas de financiamento:


Os aforros da restructuración do Fondo de Liquidez Autonómico e do Fondo de Pagamento a Provedores, ao tipo de xuro do 0%, ascenderá en 2015 1.625 millóns de euros.


Aforros aos que hai que sumar os producidos polas medidas adoptadas o pasado 31 de xullo, reducindo os tipos do FLA ao 1% e a rebaixa de 140 puntos básicos ao mecanismo de pagamento a provedores, a ampliación do aprazamento de liquidacións negativas a 240 mensualidades e a estimación do novo financiamento en 2015. A suma de todas as medidas eleva os aforros para as CCAA a 5.552 millóns de euros.



Liquidacións negativas de 2013:

As CCAA con liquidacións negativas correspondentes a 2013, en lugar de ter que devolver os importes correspondentes en 2015, poderán financiar a súa devolución a dez anos a través do Fondo de Financiamento ás Comunidades Autónomas.



PEF das Comunidades Autónomas con déficit en 2013:

CPFF do 31 de xullo pasado aprobou o plan da Comunidade Autónoma de Aragón e acordou emprazar ao seguinte a valoración de idoneidade dos plans económico financeiros de Cataluña, Rexión de Murcia, Comunitat Valenciana e Castela-A Mancha, CCAA que non cumpriron os obxectivos de estabilidade presupostaria en 2013, coa finalidade de que fosen adaptados ás novas condicións financeiras que foron aprobadas ese mesmo día pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, que permitiron maior liquidez ás CCAA.



Por outro lado, Cantabria tivo que presentar tamén un plan económico financeiro, xa que operacións de carácter extraordinario desta Comunidade Autónoma orixinaron unha lixeira desviación do seu obxectivo de estabilidade presupostaria na avaliación de cumprimento publicada en outubro.



As cinco CCAA que hoxe presentan os seus plans económico financeiros incorporan o efecto das novas condicións financeiras e de liquidez aprobadas en xullo e resultan consistentes coas medidas de sostibilidade financeira. O CPFF aprobou a idoneidade dos cinco plans, aínda que as CCAA que os presentan deben comprometerse a continuar co esforzo realizado ata agora, para asegurar o cumprimento da senda de consolidación fiscal.


A conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Elena Muñoz Fontefiz, que asistiu  ao Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), valorou de xeito moi positivo as novas medidas  para financiar a tipo cero a emisión de debeda de 2015 ao 2017 e a  condonación das devoluciones negativas do próximo ano, correspondentes ao 2008 e ao 2009.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta