lunes, 17 de noviembre de 2014

Remata o Cumio do GR-20

Finalizou onte na cidade australiana de Brisbane o Cumio do GR-20. 

Lembremos que o Grupo dos 20 é un foro de 19 países, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado (ou Goberno), gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido- (GR-7), máis Rusia (GR-8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, e a Unión Europea como bloque económico.


É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis alá do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.

Ao finalizar este cumio e en rolda de prensa, o presidente Mariano Rajoy dixo que os instrumentos para crecer con máis enerxía e de xeito máis harmónico en todo o mundo son as reformas estruturais e as políticas de apoio ao investimento e o consumo.


Nesta liña sitúase o Plan de Acción aprobado co "ambicioso" obxectivo de engadir un dous por cento ao crecemento conxunto das economías dos países membros ata 2018. Para logralo son necesarias reformas estruturais que animen o investimento, estimulen a creación de emprego, aumenten a competencia e fomenten o comercio.


A formulación do GR-20 coincide, sinalou Rajoy, coa política económica do Goberno de España, reformas estruturais e reforzo das políticas macroeconómicas en Europa, pois, ao seu xuízo, é preciso que Europa e o conxunto do mundo coordine as súas políticas para saír con forza da crise.


A experiencia española e as súas reformas, coas que o presidente abriu a primeira sesión plenaria do GR-20, foron vistas en todo o mundo "como un exemplo de superación, como un modelo de sociedade capaz de dar a volta a unha situación moi difícil", dixo Mariano Rajoy, quen engadiu que en "todo o mundo se pon de exemplo o caso de España, e iso é algo que nos debe de encher de satisfacción a todos" e que favorece "a imaxe e no crédito internacional do noso país". 

Outro dos asuntos de "máxima importancia" tratado no cumio foi a cuestión tributaria referida á evasión fiscal. Ao respecto, Mariano Rajoy anunciou que España "será un dos primeiros países en aplicar o intercambio automático de información fiscal previsto no plan elaborado polo GR-20" porque "a loita contra a fraude é un obxectivo moral e un obxectivo económico" e "é máis obrigado perseguir a fraude cando o conxunto da sociedade está a facer tantos esforzos para superar a crise". O fin último, segundo puxo de manifesto, é "que non haxa ningún lugar no mundo onde poida refuxiarse a riqueza que non tributa".


O Cumio, segundo Rajoy, tamén serviu para dar un impulso ás negociacións comerciais multilaterais, avanzar no reforzo da regulación financeira e na colaboración en materia de enerxía e cambio climático. Ademais, fíxose un chamamento á comunidade internacional para redobrar os medios na loita contra o ébola. En relación co emprego, a redución do desemprego xuvenil se sinalado como obxectivo prioritario,especificóu.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta