domingo, 16 de noviembre de 2014

O vindeiro Pleno do Congreso

O próximo Pleno do Congreso dos Deputados comezará o martes 18 de novembro ás 16.00 horas coa toma en consideración dunha Proposición de Lei do Parlamento Vasco, sobre alteración dos límites provinciais, consistente na segregación dos municipios de Condado de Treviño e La Puebla de Arganzón da provincia de Burgos e a súa incorporación ao territorio histórico de Araba/Álava.


A continuación, os deputados decidiremos se se inicia a tramitación da Proposición de Lei reguladora das cláusulas chan nos contratos de préstamo hipotecario, neste caso presentada polo Grupo Socialista.



Posteriormente, veranse dúas proposicións non de lei. A primeira, presentada polo Grupo Popular, é unha iniciativa relativa á elaboración dunha Estratexia Nacional de Autismo. A segunda, do Grupo Socialista, trata sobre o recoñecemento do Estado de Palestina.

Tamén se debaterán tres mocións consecuencia de interpretacións urxentes. Por un lado, a do Grupo Socialista, sobre a axenda social do Goberno; por outro, unha presentada pola Esquerda Plural sobre a situación de semiescravitude de traballadores agrarios pola acción das empresas de traballo temporal e, finalmente, unha moción de UPyD sobre as medidas que pensa levar a cabo o Goberno para erradicar a pobreza infantil.


O mércores 19 de novembro o Pleno comezará ás 9.00 horas coa sesión de control ao Goberno, á que seguirá o debate das interpretacións urxentes.

O xoves, 20 de novembro, a sesión empezará coa validación ou derrogación do Real Decreto Lei 14/2014, do 7 de novembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito para financiar actuacións de distintos Departamentos Ministeriais.


A continuación, veranse as emendas do Senado a oito proxectos de lei. Comenzaán co Proxecto de Lei Orgánica de Réxime Disciplinario das Forzas Armadas; o Proxecto de Lei de Tratados e outros Acordos Internacionais; e o Proxecto de Lei de Réxime do Persoal da Garda Civil; Proxecto de Lei de Parques Nacionais.

A continuación, veranse as emendas ao Proxecto de Lei pola que se modifican a Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de No Residentes e outras normas tributarias; o Proxecto de Lei do Imposto sobre Sociedades e, finalmente, o Proxecto de Lei pola que se modifican a Lei do Imposto sobre o Valor Engadido, a Lei de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal de Canarias, a Lei de Impostos Especiais, e a Lei pola que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidade ambiental e se adoptan outras medidas tributarias e financeiras.

O Pleno finalizará co debate de totalidade do Proxecto de Lei en materia de concesión da nacionalidade española aos sefardís orixinarios de España que xustifiquen tal condición e a súa especial vinculación con España, pola que se modifica o artigo 23 do Código Civil e se establece unha taxa para determinados procedementos de adquisición da nacionalidade española.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta