lunes, 3 de noviembre de 2014

Recuperacion do consumo no mercado de turismos

Hoxe difúndese un dato que evidencia a recuperación do consumo no mercado de turismos que creceu un 26,1% no mes de outubro, grazas ao impulso do final do Plan PIVE 6, cun volume de 76.073 coches vendidos.


Nos dez primeiros meses do ano, o mercado acumula un crecemento do 18,1% e un total de 716.746 unidades matriculadas. A estas alturas do ano, e a falta de dous meses para finalizar o exercicio, o mercado xa rexistra practicamente as mesmas matriculacións que en todo o exercicio anterior. O impulso do Plan PIVE, que finalizou hai uns días, foi o principal artífice para amortecer os efectos da crise e continuar co crecemento deste segmento, que acumula seis trimestres consecutivos de crecemento.

Un mes máis, todas as canles presentan taxas positivas de crecemento. A canle particular é a que de novo marca a pauta do crecemento, cunha alza no mes do 31,5% e un total de 50.539 matriculacións. Ata outubro, esta canle presenta uns números fantásticos, cun incremento do 22,2% e un volume de 393.336 unidades, representando o 55% do mercado.

Por outro lado, a canle de empresas continúa coa tendencia positiva e incrementa as súas matriculacións un 17% no mes con 21.914 unidades. É o undécimo mes de subas consecutivas nesta canle, que acumula un crecemento do 12,2%, con 176.586 unidades.

Por último, a canle de alugadores rexistrou no mes de outubro 3.620 unidades, un 15,2% máis. Nos dez primeiros meses do ano, esta canle acumula unha alza do 15,1%, con 146.824 matriculacións.

As matriculacións de automóbiles no mercado de Galicia situáronse en 3.418 unidades durante o pasado outubro, o que supón unha suba do 19,01% en comparación coas cifras do mesmo mes do ano anterior.

Por provincias, o incremento foi maior en Pontevedra (22,32%, ata 1.129), seguido do da Coruña (20,08%, ata 1.489), Lugo (17,13%, ata 383) e Ourense (9,16%, ata 417).

No acumulado de xaneiro a outubro, as vendas de coches en Galicia subiron un 16,8%, ata sumar 28.525, a maior cantidade na Coruña(12.462) e Pontevedra (9.322), fronte ás 3.491 de Lugo e as 3.250 de Ourense.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta