En outubro medra o paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2014.

Son os seguintes:

OURENSE:

Sube o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 941  persoas, un 3,72 %.



O número de parados queda en 26.258, deles 12.185 son homes e 14.073 mulleres, 24.698 son maiores de 25 anos e 1.560 menores.

Con respecto ao mes de outubro de 2013, o paro baixa en Ourense en 2.601 persoas, un – 9,01 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,91 %.

GALICIA:

Sube o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 5.841  persoas, un 2,45 %.
  
O número de parados queda en 244.044, deles 114.318 son homes e 129.726 mulleres, 230.520 son maiores de 25 anos e 13.524 menores.


Con respecto ao mes de outubro de 2013, o paro baixa en Galicia en 24.181 persoas, un – 9,02 %. Unha baixada superior a nacional que é do - 5,91 %.


Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro interanual en termos relativos.

Trátase da décimo segunda baixada interanual consecutiva de paro e a maior de todas elas. Galicia cumpre un ano completo rexistrando descensos interanuais. Isto confirma a mellora progresiva no comportamento do paro iniciada a finais do ano pasado.



Ademais trátase, igualmente, do mellor comportamento interanual nun mes de outubro de toda a serie histórica en termos absolutos (estatísticas publicadas desde 1996), e se falamos en termos relativos, desde 1999.

Aínda que o mes de outubro sempre é mes no que se rexistran subidas do paro rexistrado, cómpre destacar que estamos ante a menor subida intermensual relativa dun mes de outubro de toda a serie histórica (datos estatísticos desde 1996).



Cómpre destacar, tamén, que desde xaneiro deste ano o paro rexistrado baixou en Galicia en 37.033 persoas.

 
ESPAÑA:

O número de desempregados rexistrados en outubro nos servizos públicos de emprego aumentou en 79.154 persoas (1,78 %)

Desta forma, o paro rexistrado situouse en 4.526.804 persoas, deles 2.136.227 son homes e 2.390.577 mulleres, 4.106.822 son maiores de 25 anos e 419.982 menores.

Con respecto ao mes de outubro de 2013, o paro baixa en  en 284.579 persoas, un – 5,91 %. 

Durante os primeiros dez meses de 2014, o paro rexistrado reduciuse 174.534 persoas, o maior descenso acumulado dende 1998. 

Pola súa banda, o paro rexistrado entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos últimos 12 meses en 31.114 persoas, o que supón un 6,9% de caída interanual.

Por sectores de procedencia, cae o paro entre os traballadores cuxa última actividade foi a Construción (8.975 persoas, un 1,64% menos). Sobe entre os que traballaran no sector Servicios (61.224 persoas, un 2,14%), a Agricultura e Pesca (24.606, un 12,36%) e a Industria (3.043, un 0,67%).

O paro rexistrado baixa en Comunidade Valenciana (-4.734) e Canarias (-846) e sobe no resto, encabezadas por Andalucía (15.058) e Castela-A Mancha (14.681).


Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal.
Con la tecnología de Blogger.