Onte estiven no Ministerio de Economía e Competitividade nun acto no que o Secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz, entregou ao presidente do Consello Superior de Cámaras e da Cámara de Zaragoza, Manuel Teruel, a Medalla ao Mérito ao Comercio en recoñecemento ás súas achegas ao desenvolvemento do comercio exterior español ao longo da súa vida empresarial e institucional.
O Director Xeral de Comercio, Antonio Fernández Martos, enxalzou a figura de Manuel Teruel como impulsor da internacionalización das empresas españolas. Segundo manifestou, xa dende a súa empresa, Manuel Teruel soubo enxergar o papel estratéxico que ten a internacionalización e dende esa experiencia saltou as Cámaras de Comercio para axudar a outras empresas a dar o salto aos mercados exteriores. A súa empresa Taimweser, está actualmente presente en 59 países dos cinco continentes e dende as Cámaras de Comercio envorcouse en impulsar a internacionalización da economía española. Fernández Martos destacou tamén o labor de Teruel por dotar as Cámaras de Comercio dun novo texto legal, así como a visualización no exterior destas.
Manuel Teruel asumiu a presidencia do Consello Superior de Cámaras o 3 de maio de 2011, coincidindo cunha etapa difícil para as Cámaras de Comercio, xa que en 2010 un decreto eliminaba o financiamento destas corporacións.
A partir dese momento liderou unha intensa actividade institucional co firme obxectivo de outorgar ás Cámaras un novo texto legal que asegurase a súa supervivencia.
Por fin, o 1 de abril de 2014, nacían as novas Cámaras de Comercio coa aprobación dunha nova Lei que contou cun amplo consenso no Parlamento e ratificou a vontade institucional de contar cun potente modelo de Cámaras de comercio ao servizo das pemes e perdurable no tempo.
A actividade que desenvolveu Manuel Teruel a favor da existencia do texto normativo viuse complementada, de forma moi significativa, co recoñecemento e respaldo internacional ás Cámaras españolas por parte das súas homólogas europeas e doutros países do mundo.
Así mesmo, durante a etapa na que Manuel Teruel estivo á fronte do Consello e, a pesar da difícil situación financeira das Cámaras de Comercio, estas mantiveron a súa intensa actividade ao servizo das empresas, especialmente pemes, españolas. O apoio á creación de empresas, a implantación en España do Sistema de Formación Profesional Dual como fórmula para atallar o desemprego xuvenil, a promoción da oferta exportadora española en mercados exteriores ou os plans para incorporar nas pemes procesos innovadores, foron algúns dos obxectivos máis sobresaíntes da lexislatura de Manuel Teruel.
Así mesmo, durante esta etapa cabe resaltar a colaboración institucional do Consello Superior e da rede de Cámaras en apoio de relevantes iniciativas do Goberno, como as dedicadas ao Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista ou ao proxecto de Garantía de Unidade de Mercado.
Pola súa banda, o presidente do Consello de Cámaras na súa intervención un recordo especial para todos e cada un dos empregados da rede de Cámaras de Comercio que tiveron que abandonar estas institucións, debido á importante reestruturación que se tivo que levar a cabo. Tamén desexou á futura Cámara de Comercio España grandes acertos para que contribúa á xeración de emprego, a internacionalización das empresas españolas e, polo tanto, ao crecemento económico español.
Parabens a Manuel Teruel.
Parabens a Manuel Teruel.