Na entrega dos Premios Ramón Puga de Radio Ourense e no Premio Servir do Rotary Club de Ourense

Onte asistín a dous actos sociais de grande interese: o primeiro deles celebrouse no Teatro Principal de Ourense onde foron entregados os primeiros Premios Ramón Puga, que evocan a figura do precursor da radio nesta capital e fundador de Radio Ourense, integrada na Cadena Ser.

Un acto presentado por Milucha Rodrígez, Pepe González e Fernando Gabelo e con actuacións Daniel Minimalia, Emilio Rúa e María do Ceo.


Foron entregados recoñecementos no apartado de Literatura, de Novela e de Teatro. Houbo un galardón reservado á Educación Vial a través do Teatro concedeuse á obra "O semáforo-comportamento na rúa", do colexio público de Mende, sobre unha obra de José García.

Tamén foron entregados, premios honoríficos. un deles outorgouse, a título póstumo, a Ramón Puga Noguerol

Outro foi para os compoñentes do Grupo Valle Inclán de Teatro e, a título póstumo, o director deste Grupo, Segundo Alvarado Feijóo-Montenegro. E o último para Juan Carlos Pérez de la Fuente, director do Teatro Español de Madrid.

Parabens á familia Puga por este acto tan ben organizado en con tanto contido cultural.


E finalizado este acto viaxei ata o balneario de Laias, onde o Rotary Club  de Ourense, organizaba unha cea para entregar o premio Servir, que nesta ocasión correspondeu á Fundación San Rosendo, que hoxe preside José Luis Gavela.

Consideran os rotarios que dende a súa constitución, en 1992, a Fundación San Rosendo presta un labor asistencial aos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, discapacitados ou enfermos con problemas de adiccións, a través dunha rede de 68 centros repartidos por toda Galicia. Este servizo á comunidade realízase promovendo o envellecemento activo, a integración e a participación activa na sociedade.

Despois da entrega do premio puidemos escoitar as emotivas e clarividentes palabras de agradecemento Benigno Moure, un home exemplar e alma mater desta Fundación.


Acerto pleno do Rotary Clun na concesión deste Premio.




Con la tecnología de Blogger.