sábado, 15 de noviembre de 2014

Participando na Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Hoxe participei na XXXVIII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Máis de catro mil corredores saímos as 11,00 da Ponte do Milenio ás 11.00 horas pecorrendo o circuito de de 10.000 metros polas seguintes rúas da cidade: Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

Finalmente cruzaron a meta 4.350 atletas. O gañador foi o arzuán Lolo Penas cun tempo de 30 minutos e 39 segundos. Na categoría femenina, a gañadora foi a portuguesa Solange Andreia Pereira, cun tempo de 35 minutos e un segundo.

Eu rematei nun tempo neto de 54 minutos e cuarenta segundos, acorde co meu nivel de entrenamento.

Compre felicitar a excelente organización desta proba.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta