Intervín
esta mañá no habitual faladoiro de Raio Voz que modera Antía Díaz Leal. Primeiramente falamos
das novidades que se produciron na instrución da operación Zeta xa que o titular do Xulgado de
Instrución número 6 da Coruña
ampliou o número de imputacións a un total de 31 persoas.
Sobre este particular dixen que estas dilixencias penais teñen causa en boa parte na actuación inspectora da Xunta que en 2012 trasladou á Fiscalía a información sobre posibles irregularidades.
Sobre este particular dixen que estas dilixencias penais teñen causa en boa parte na actuación inspectora da Xunta que en 2012 trasladou á Fiscalía a información sobre posibles irregularidades.
E
que corresponde agora á Xustiza determinar as responsabilidades dos tres ex
altos cargos da Consellería
de Traballo que xa foron destituídos e dos vinte e oito restantes
cidadáns imputados.
Recordei que mentres haxa unha investigación
xudicial non procede que haxa outra investigación en paralelo en sede
parlamentaria ou mediática e que a colaboración da Xunta coa Xustiza e máxima.
Logo
falamos da decisión da Xunta de Fiscais de Sala de expresar o seu apoio de
forma moi maioritaria a favor da ratificación de formular querela polo chamado
proceso de participación cidadá do pasado 9 de novembro.
Dixen que con respecto escrupuloso á Lei se cumpriron as previsións do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal, ante a discrepancia formulada polo Fiscal Superior de Cataluña a cumprir coa orde formulada polo Fiscal Xeral do Estado.
Recordei que a Fiscalía Superior de Cataluña iniciou o pasado 8 de novembro Dilixencias de Investigación ante a realización de actos (cesión de locais públicos, elaboración de papeletas, distribución de urnas, etc...) por parte do Goberno da Generalitat de Cataluña contrarios á suspensión preventiva ditada polo TC.
Pero malia todo a consulta se celebrou e o propio 9-N celebrouse a consulta e a Fiscalía informou nas diferentes denuncias cidadás a favor da admisión a trámite de todas elas por entender que existían indicios racionais de delito.
Ao
termo do proceso de participación cidadá, a Fiscalía Xeral do Estado actua en Dereito e
con total independenica e anuncia a presentación dunha
querela dirixida contra o president
catalán, o vicepresidente, Joana
Ortega, e a conselleira de Educación, Irene Rigau.
Querela que dará lugar a un procedemento xudicial con todas as garantías e no que veremos que recorrido teñen as imputacións de comisión de presuntos delitos de desobediencia, prevaricación, malversación e usurpación de funcións.
Querela que dará lugar a un procedemento xudicial con todas as garantías e no que veremos que recorrido teñen as imputacións de comisión de presuntos delitos de desobediencia, prevaricación, malversación e usurpación de funcións.
Rematei recordando as palabras de onte de Rajoy no Congreso cando dixo, respondendo na sesión de control a Pedro Sánchez, que “imos seguir colaborando e dialogando coa Generalitat e con outros Gobernos autonómicos para resolver, como fixemos nos últimos anos, os duros efectos da crise, co Fondo de liquidez autonómica e o Plan de pagamento a provedores, que permitiron atender os vencementos de débeda e pagar os servizos públicos e aos provedores da Generalitat"
E que engadiu: "vou dialogar coa Generalitat, como con calquera outro
Goberno autonómico, sobre os temas que sexan de interese dos cidadáns -o señor
Mais remitiu un documento non fai moitas datas sobre o que estou disposto a
falar" se ben puxo como condición que non falaría sobre "algo que
poida liquidar a soberanía nacional, que pretenda establecer o dereito de
autodeterminación ou que afecte á igualdade dos españois, porque esas posicións
non as podería aceptar de ningunha das maneiras".
Finalmente falamos da polémica en torno á xustificación das viaxes dos
Deputados. Nese sentido informei que onte o Boletín Oficial do Congreso dos
Deputados publica unha Resolución da Presidencia que establece medidas de
control, supervisión e publicidade dos desprazamentos dos Deputados.
Expliquei esta norma que pódese consultar vendo este link:
http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/BOCG/D/BOCG-10-D-562.PDF
Expliquei esta norma que pódese consultar vendo este link:
http://www.congreso.es/public_oficiales/L10/CONG/BOCG/D/BOCG-10-D-562.PDF