miércoles, 19 de noviembre de 2014

Constituida a Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España


Esta mañá tivo lugar no Ministerio de Economía e Competitividade a sesión constitutiva do Pleno da Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España.


O presidente de Freixenet, José Luís Bonet, resultou elixido presidente da Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España.

Acompáñanlle a presidenta do Banco Santander, Ana Botín, e os presidentes das Cámaras de Comercio de Barcelona e Cantabria, Miguel Valls e Modesto Piñeiro, que ocuparán as tres vicepresidencias do Comité Executivo designado polos vocales do Pleno. O presidente do Grupo Barceló, Simón Pedro Barceló, ocupará o cargo de Tesorero.

A candidatura encabezada por Bonet ao Comité Executivo da Cámara de España, que consta dun total de 32 membros, contou co apoio maioritario dos 78 vocales do Pleno. En concreto, dos 76 votos emitidos, a lista contou con 67 votos favorables, o 88,2%. houbo un voto nulo e 8 votos en branco. Os cargos do comité executivo non conlevan remuneración, como tampouco a teñen os membros do Pleno.

A Cámara de Comercio de España releva ao Consello Superior de Cámaras en virtude da Lei 4/2014 de 1 de abril, aprobada co apoio de todos os grupos parlamentarios. 

O obxectivo principal que ten encomendado é a actualización e dinamización do tecido empresarial español, composto maioritariamente por Pemes, e contribuír ao crecemento da economía española e a creación de emprego. Nace coa vocación de ser un punto de encontro no que poidan debater e traballar xuntos os principais actores da nosa economía.

Hai que recordar que o BOE do 2 de abril de 2014 publicaba a 4/2014 de 1 de abril a Lei Básica de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación, que creaba a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España que representará ao conxunto das Cámaras, ante as diversas instancias estatais e internacionais e coordinará e impulsará as accións que afecten ao conxunto das Cámaras españolas.

A Cámara de España, en colaboración coas Cámaras españolas, terá ademais a tarefa de elaborar e executar o Plan Cameral de Internacionalización, a través dun Convenio de colaboración co Ministerio de Economía e Competitividade, que será dunha relevancia fundamental no impulso á internacionalización das empresas españolas. Adicionalmente, a Cámara de España e o Ministerio de Economía e Competitividade subscribirán un Plan de Competitividade, cada dous anos, no que se concretarán todos os programas e actividades que desenvolvan as Cámaras para o fomento da competitividade empresarial.

Esta Lei considera así mesmo a vinculación coa Cámara de España das Cámaras de Comercio españolas, oficialmente recoñecidas no estranxeiro, rexidas polo Real Decreto 786/1979, do 16 de marzo, polo que se establecen as normas reguladoras do Estatuto Xeral destas. Estas cámaras, asociacións libremente constituídas no estranxeiro e sometidas á lexislación propia do país en que radican, poderán oficialmente ser recoñecidas polo Estado a través do Ministerio de Economía e Competitividade.

Nesta Lei, de acordo co disposto nos artigos 22 e 25, prevese que poidan asinar convenios de colaboración e representación da Cámara de España nas súas xurisdicións, participar na execución do Plan Cameral de Internacionalización nas devanditas xurisdicións e estar representadas no Pleno da Cámara de España a través de dous vogais.

Celebro dun modo especial esta constitución, cumprindo as previsións dunha Lei, da que fun relator e que esta nova Cámara de España, impulse e coordine con eficacia o conxunto das Cámaras do territorio nacional.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta