Entrevista na Radio Galega

Hoxe, desde as 9,25  fun entrevistado na Radio Galega no programa “Os almorzos de Galicia por Diante” que dirise Kiko Novoa, sobre diversos temas de actualidade na miña condición de coordinador dos deputados galegos no Congreso.  

Fago un pequeño resumo, aínda que achego o link que permite o acceso ao audio da mesma.

PARO:

Sobre os datos do paro rexistrado do pasado mes, dixen que “se constata un feito, que é que no mes de outubro, no que tradicionalmente o paro medra polo fin da campaña do verao, o desemprego medrou no conxunto do Estado en 79.154 parados, que é un crecemento moi inferior o que é o crecemento medio deste mes, que está en 118.000 parados, e que é o menor incremento dende o ano 2010. Por tanto é un dato agardado, pero dentro de que nunca é boa noticia que o paro medre, é un crecemento menor dos que estábamos afeitos nos últimos anos”.

CURSO POLÍTICO:

Dixen que “os deputados galegos do PP en Madrid están impulsando o proceso de reformas que inciden claramente na vida dos españois e dos galegos. Temos moitos proxectos en marcha, como o Proxecto de Lei dos Presupostos do Estado para o 2015, en plena tramitación; o Proxecto de Ley de reforma fiscal, que está no Senado e que vai a propiciar una baixada de impostos que tanto agardan os cidadáns a partir do próximo ano  e temos que seguir traballando para impulsar medidas de rexeneración democrática, en materia de transparencia, en materia de gobernanza do público, na que estamos claramente implicados”.  

Engadín que “ con relación a Galicia, os deputados estamos a traballar para rematar os Presupostos do Estado do 2015, que pretenden investir en Galicia 1.385 millóns de euros,  una cifra moi importante  que supón o 12,3 % do total  rexionalizado. Lembremos aqueles tempos  nos que nos dábamos por moi satisfeitos si acadábamos  o 8%. Estamos a traballar para que salgan adiante estos presupostos , que servirán para seguir alimentando financieiramente  obras importantes para Galicia como son a conexión por alta velocidade coa Meseta, o remate do Eixo Atlántico, o outras infraestructuras de saneamento e depuración que están en marcha no noso país”.

AVE A GALICIA:

Afirmei que “considero decisivo que Galicia e o noroeste de España teñan alta velocidade. A Alta Velocidade é un proxecto de Estado que non só beneficia a este parte tan importante do país, e un proxecto polo que levamos moito tempo loitado, polo que nos queda moito por seguir loitando, pero que existan unas comunicacións ferroviarias normais no século XXI é un esforzo que merece a pena. Ademáis os galegos están comezando a notar como estes grandes investimentos se traducen na súa vida diaria. Non esquezamos que no primeiro semestre do 2015 a conexión chegue a Zamora, o que permitirá aforrar media hora no traxecto a Madrid. No caso de Ourense, por exemplo, será máis competitivo en tempo viaxar a Madrid en tren que en turismo”
  
NAVANTIA:

“Con Navantia falamos, como expresa en público o presidente da Xunta, para pedirlles una política máis activa e eficiente para conseguir contratos para os nosos estaleiros, que teñen acreditado sobrada capacidade para construír buques de alta calidade. A Xunta ten un papel moi importante, o Estado tamén está actuando, por exemplo, co encargo dun buque por parte da armada.

Supoño que vontade a Navantia non lle debe faltar, no sentido de que acadar carga de traballo para a empresa será bo para os seus directivos. O mundo da construcción naval e tremendamente competitivo, outros producen en condicións complicadas para España, como os estaleiros coreanos, pero nos pensamos que co novo sistema de arrendamento financeiro de tax lease a competitividade dos nosos asteleiros debe ter un peso. Navantia pode e debe facer máis e nos estamos encima deles para que isto sexa así”.

CORRUPCIÓN:

"É posible e desexable un pacto anticorrupción entre o PP y o PSOE. As conversas estaban moi adelantadas. Deben consensuarse esas iniciativas, non é bo que as aprobe un só partido cando se trata de normas de esa transcendencia. Non hai tantas diferencias.

O PP está comprometido para que as cosas muden. Pero esto non é só una actuación do Executivo, do Goberno, que ten responsabilidade polos cargos que elixe, é tamén responsabilidade do Lexislativo promover leis que prevengan casos de corrupción e sexan moi punitivas cos que se detecten, e tamén é cosa do poder xudicial, porque a eles lles corresponden as decisións entorno a liberdade o non dos implicados, a sua vixilancia, etc.... E un compromiso de todos os poderes do Estado. Queda moito por facer, ainda que tamén hai moito camiño recorrido. Eu quero recordar que xa no primeiro consello de ministros desta Lexislatura o Goberno do PP aprobou a reforma de ley de financiamento dos partidos políticos, en decembro entrará en vigor a Ley de Transparencia, acceso a información e bo Goberno,e  temos modificado o código penal para introducir a responsabilidade penal dos partidos políticos".

CIS E PODEMOS:

Preguntado por este tema dixen que “eu agardo a coñecer ese sondeo. Hai motivo para a reflexión e para tomar cumprida nota. Faltan meses para as eleccións. Nos temos que facer os deberes pero será bo que nestes meses – os de Podemos - nos expliciten as medidas e o programa, e sobre todo si o que pretenden é viable e de onde se saca o diñeiro. Porque de boas palabras, e quedar ben co electorado e denigrar os demais sempre resulta fácil, o que non é fácil e gobernar una administración

Os acordos entre PP y PSOE sempre considerei que deberían ser normais nunha democracia consolidada, non só neste momento. Nunca entendín porque o PP ten que acadar a maioría absoluta se quere gobernar e que se non a acada o PSOE se xuntase con outros para ir contra do PP. O normal é deixar votar a lista con máis apoios o chegar a acordos para gobernar  co PSOE o con calquera. Eu non teño nengún problema en acordar, ni con PSOE ni con calquera que estea disposto a arrimar o lombo para sacar a este país adiante”.


Con la tecnología de Blogger.