jueves, 30 de octubre de 2014

Visita da Presidenta da República de Chile ao Congreso dos Deputados

Hoxe recibimos no Congreso dos Deputados a presidenta da República de Chile, Michelle Bachelet, que realiza unha visita de Estado a España, e que se dirixiu aos deputados e senadores, reunidos en sesión conxunta das Cortes Xerais.

Jesús Posada, deu á Presidenta da República de Chile a máis afectuosa benvida ás Cortes Xerais, na súa visita a España, que se produce tan só sete meses despois de asumir a presidencia da súa nación.

Resaltou o Acordo de Alianza Estratéxica entre España e Chile que expresa o sólido e firme compromiso dos doas Estados de manter un diálogo político permanente e fluído, e de reforzar a cooperación en todas as áreas, dende o desenvolvemento económico e social, á promoción dos dereitos humanos.

Posada afirmou que España e Chile teñen moito en común, por exemplo, ter sido capaces de facer unha transición pacífica á Democracia dende réximes autoritarios; transición que nos permite ser hoxe democracias estables e consolidadas.

E que tamén nos une o esforzo de modernización económica que realizamos; esforzo que nos confire hoxe oportunidades de progreso.

A continua a presidenta chilena, Michelle Bachelet, no seu discurso resaltou nun dos desafíos do seu país facer fronte ás desigualdades internas, sinalando que a distancia entre a sociedade e os representantes públicos vén xerada en Chile pola falta de equidade territorial, en dereitos, ingresos, educación e oportunidades.

Dedicou tamén palabras á reforma educativa, e a unha nova Constitución que sexa a expresión do Chile de hoxe, da súa diversidade, da súa cultura cívica, da súa tradición republicana, do rol da muller e dos seus pobos.