Falando en Radio Voz de tarxetas opacas e do virus do ébola

Participei hoxe pola mañá en Radio Voz no faladoiro que modera Antía Diaz Leal, e no que compartín antena con Martiño Noriega e Francisco Espiñeira.

Falamos en primeiro lugar do uso das tarxetas opacas de Caixa Madrid-Bankia. Dixen que cando o FROB, tivo coñecemento da auditoría interna realizada polos os xestores de Bankia, remitiuna á Fiscalía Anticorrupción, que á súa vez incoou dilixencias por posibles delitos de apropiación indebida ou administración desleal, e remitiu o caso á Audiencia Nacional para a súa investigación en sede penal.

Engadindo que o FROB está tamén comparecido na causa xeral de Bankia, e o tema das tarxetas é unha peza separada desa causa xeral de Bankia. E que o FROB pedirá a devolución de todas as cantidades sempre e cando o xuíz determine, que se cobraron de xeito indebido.

Defendín pois a acción do Goberno e tamén a do Partido Popular que onte mesmo por medio do Comité Nacional de Dereitos e Garantías abriu expediente informativo aos militantes afectados.

En segundo lugar, Antía Díaz, propúxonos falar sobre a evolución do virus do ébola, celebrando a boa evolución da enferma contaxiada Teresa Romero.

Dixen que estamos ante unha moi seria crise sanitaria e que a Organización Mundial da Saúde (OMS) cifra en 4.033 as persoas mortas como consecuencia do ébola en sete países, aínda que practicamente todos faleceron en Liberia, Serra Leona e Guinea Conakry, onde a epidemia empezou o pasado marzo.

Afirmei que o Goberno tomou medidas para estar preparado para detectar, investigar ou tratar un posible caso de Ébola. Neste sentido, citei os servizos de Sanidade, Exterior, que comproban as declaracións sanitarias de todos os avións e buques procedentes dos países afectados.

OMS/P. Desloovere
Tamén que se están a mellorar e actualizando os protocolos nacionais de actuación, que se intensifican as accións de coordinación, tanto a nivel nacional como internacional.

Defendín a decisión de facilitar a repatriación de cidadáns que contraesen o virus, como foi o caso dos exemplares médicos Miguel Pajares e Manuel García Viejo.

Destquei o traballo do Comité Especial para a Xestión en España da enfermidade polo virus Ébola, que se reúne todos os días e dá información diaria da situación. Conta con representantes de Sanidade, interior, Defensa, Economía e Presidencia, e está asesorado por un Comité Científico.

Concluín afirmando que o importante é atallar a enfermidade e axudar aos que loitan en África contra o virus.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.