España elixida membro do Consello de Seguridade da ONU

UN Photo/Amanda Voisard
Onte a Asemblea Xeral da ONU elixiu en primeira volta a Angola, Malaisia, Nova Zelandia e Venezuela como membros non permanentes do Consello de Seguridade para o bienio 2015-2016, tras obter máis de dous terzos dos votos dos Estados Membros.

Polo grupo de Europa Occidental e outros Estados, España e Turquía non alcanzaron os dous terzos requiridos e continuaron a poxa ata unha terceira rolda na que a nosa Nación superou a dos turcos acadando 132 votos por 60.

Conforme á Carta, o Consello de Seguridade ten a responsabilidade primordial de manter a paz e seguridade internacionais. O Consello de Seguridade ten 15 membros e cada membro ten un voto. De acordo coa Carta, todos os Membros da ONU conveñen en aceptar e cumprir as decisións do Consello de Seguridade. Este é o único órgano da ONU cuxas decisións os Estados Membros, conforme á Carta, están obrigados a cumprir.


Cando se lle presenta unha controversia, a primeira medida do Consello é xeralmente recomendar ás partes que cheguen a un acordo por medios pacíficos. Pode impoñer embargos ou sancións económicas, ou autorizar o uso da forza para facer cumprir os mandatos.

O Consello de Seguridade tamén recomenda á Asemblea Xeral o nomeamento do Secretario Xeral e a admisión de novos membros da ONU. E, xunto coa Asemblea Xeral, elixe os maxistrados da Corte Internacional de Xustiza.

Comparto plenamente co presidente Mariano Rajoy, a satisfacción coa elección de España que, ao seu xuízo, revela a confianza que a comunidade internacional ten no noso país neste momento.

Parabens ao Goberno, a Diplomacia española e a todos os que axudaron a acadar este obxectivo, que foron moitos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.