Onte asistín na Sala
Constitucional do Congreso dos Deputados ao acto de presentación do libro "Discursos Parlamentarios de Gabriel
Cisneros Laborda"
Unha obra da que son autores, os Letrados das Cortes, Ignacio Astarloa e José Luis Ruiz-Navarro.
No prólogo desta obra glosan o papel protagonista na transición de Gabriel Cisneros, que foi ademais relator da Constitución de 1978, ao que definen como "un político comprometido cos principios e os valores de concordia, conciliación e servizo á Nación Española"
Abriu o acto a súa filla Paula, e despois das palabras dos
autores, interviron Fernando
Rodriguez Lafuente que compartiu co homenaxeado, labores
xornalísticos no diario ABC, e Eugenio Nassarre, deputado, que compartiu amizade e escano.
A continuación a presidenta de Aragón, Luisa Fernanda Rudi
recordou que a posición de Gabriel
Cisneros sobre unha pretendida reforma da Carta Magna era “que
debería ser viable sen destruír a Constitución, respectando os seus piares
fundamentais e cun amplo respaldo por parte do pobo español".
Logo falou o exministro Rodolfo Martín Villa,
outro dos protagonistas da Transición, que sobre un posible cambio da
Constitución, afirmou que debe facerse conforme ás regras que nela se fixan.
Fixo unha sensata reflexión: “se a reforma e non romper as
cousas foi conveniente para pasar daquela guerra civil que todos perderon a
unha Transición que todos gañamos, parecería bo que nestes momentos poidamos
reformar a Constitución, mesmo para aqueles españois que desexen deixar de
selo. Se aquilo serviu para aquilo, moito máis ten que servir agora para facelo
dende unha Constitución" da que todos nos podemos sentir orgullosos".
Pechou o acto o Presidente do Congreso, Jesús Posada que cualificou a Gabriel Cisneros como un "brillante deputado e un home bo" e "un dos protagonistas dunha etapa histórica na que se puxeron as bases para conseguir unha democracia plena en España".
Rematou citando unha atinada
frase expresada por Cisneros
nun debate das emendas do relatorio constitucional en xullo de 1978:
"Temos todos suficientes problemas reais, aos que haberemos de facer
fronte entre todos, como para poder permitirnos o luxo de inventar problemas
artificiais".
Non podo estar máis de acordo con esta afirmación. Parabens aos autores desta publicación que prometo leer co máximo interés.
Recibirá resposta
Recibirá resposta