miércoles, 15 de octubre de 2014

Rajoy, sobre o ébola:" Hoxe este problema está canalizado. Hai que seguir traballando"

Esta mañá no Pleno do Congreso, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez formulou o presidente do Goberno unha pregunta sobre a xestión da enfermidade polo virus do ébola.

Mariano Rajoy contestou recordando que "o mércores pasado, cando non transcorreran nin corenta e oito horas dende que coñecemos a dura noticia do contaxio de Teresa Romero, falei aquí e expliquei as decisións que xa tomaramos e as prioridades que fixaramos de cara ao futuro".

A continuación citou as decisións adoptadas: "A máis importante: a constitución -non transcorreran nin corenta e oito horas- dunha comisión de seguimento entre o Goberno de España e a Comunidade de Madrid. Os contactos coa Unión Europea, Organización Mundial da Saúde, organismos internacionais e clínicas de Estados Unidos. En segundo lugar, prioridades. As prioridades eran entón as seguintes. Primeiro, Teresa Romero; segunda prioridade, facer un seguimento de todas aquelas persoas que tivesen tido contacto con Teresa Romero e co irmán García Viejo. En terceiro lugar, apoio absoluto aos profesionais, respaldo total porque teñen que cumprir un labor moi difícil. En cuarto lugar, informar á opinión pública, e en quinto lugar, investigar que pasou. Iso é o que fixemos.

Ao venres seguinte elevamos o nivel da comisión para introducir nela os distintos ministerios, profesionais do Carlos III, e acordouse tamén a creación dun comité científico. Ao longo destes días cumprimos con esas prioridades que eu anunciei aquí o mércores pasado, e ademais reitero unha mensaxe que xa dei no seu día, unha mensaxe dos propios facultativos. O contaxio é moi difícil. Só prodúcese por contacto con fluídos de enfermos en fase avanzada. A data de hoxe soamente Teresa Romero pode contaxiar, como dixo públicamente o comité científico, e esperemos que dentro de pouco xa non poida facelo ninguén, polo ben do conxunto dos españois."

E Mariano Rajoy en réplica ao Sr. Sánchez, dixo que "se vostede ten algunha idea para resolver o problema que nos convoca hoxe aquí, a achegue, porque ata agora foi incapaz de achegar nin unha soa idea ao conxunto dos españois. O que quero dicir é o seguinte, e é a mensaxe que teño que transmitir aos españois. Hoxe este problema está canalizado. Hai que seguir traballando, hai que seguir perseverando, hai que seguir apoiando os profesionais e a moita xente que forma parte da Administración pública, que está a traballar ben, pero o problema está canalizado"


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta