Esta mañá se reunión no Congreso dos Deputados, a Subcomisión de estudo e análise do sistema ferroviario español, dependente da Comisión de Fomento.
Recibimos as comparecencias de tres expertos ferroviarios.
En primeiro lugar do Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Antonio Lanchares Asensio Director de Seguridad na Circulación de Renfe Operadora.
Explicou os retos da interoperabilidade, entre outros a homologación do material rodante válida para toda a UE, o sistema de protección de tren ERTMS e o regulamento de circulación unificado para liñas e trens interoperables.
Logo foi a quenda do Enxeñeiro D. José Luis González Navarro, Coordinador do Transporte Ferroviario do Ministerio de Fomento, que falou do proceso de posta en marcha das competencias da D.X. de Ferrocarriles en materia de seguridade, interoperabilidade e regulación do modelo ferroviario.
E concluíu a sesión coa intervención do Enxeñeiro D. Luis López Ruiz, que é Director Xeneral de Desenvolvemento Estratéxico e Relacións Internacionais de ADIF, que expuxo o modelo de xestión operativa de activos e as políticas de I+D+i.
Recibirá resposta