" Nunca gardes as cousas rotas"



Asisto a ultima hora de hoxe no Liceo Recereo Ourensán ao acto de presentación da novela "Nunca gardes as cousas rotas", da que é autor, Fernando Méndez.



Un xornalista e escritor nacido en Bos Aires, aínda que ligado a Celanova e veciño de Ourense, e que conta co Premio Nacional Raíña Sofía de Periodismo e o Premio Internacional de Periodismo de Investigación Ana María Agüero, polo caso metílico, entre outros.

A trama da novela ten como protagonista a Sebas, un rapaz de dez anos que conta en primeira persoa as penurias que como crío sofre no conflito ao ser o fillo dunha mestra que ten como amigo o xeneral "máis importante" desta contenda bélica.

Fernando Méndez, intenta nesta novela trasladar o lector ao lugar máis marabilloso: as profundidades da inocencia infantil, nos territorios onde reina o máis puro sentimento.

Agora toca leer este interesante libro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.