A taxa anual de inflación recupérase tres décimas e alcanza o -0,2% en setembro

Informa hoxe o Instituto Nacional de Estatística (INE), que a taxa anual do Índice de Prezos de Consumo (IPC) xeneral no mes de setembro é do -0,2%, tres décimas por enriba da rexistrada en agosto(-0,5%)

A inflación aumentou no mes de setembro debido á evolución dos prezos das súas partidas máis volátiles, mentres que a inflación subxacente se reduciu lixeiramente.

O Ministerio de Economía espera que nos próximos meses a inflación siga esta evolución lixeiramente ascendente e peche o ano en niveis moderados aínda que positivos. A contención dos prezos incide favorablemente sobre a mellora do poder adquisitivo das rendas e no aumento do consumo. Igualmente, facilita as ganancias de competitividade da economía española, co conseguinte impacto positivo sobre a recuperación da produción e o emprego.


Das 17 comunidades autónomas, seis rexistraron en setembro unha taxa de inflación interanual superior á media nacional: Illas Baleares (0,3%), Cataluña, La Rioja e País Vasco (0,1%), Galicia (0%) e Madrid (-0,1%). Aragón e a Comunidade Valenciana presentan a mesma inflación que a media nacional (-0,2%), e o resto de comunidades presentan taxas inferiores á media nacional: Andalucía, Cantabria, Castela e León, a rexión de Murcia e Navarra (-0,3%); Asturias e Extremadura (-0,4%). As menos inflacionistas foron Castela-A Mancha (-0,6%) e Canarias (-0,8%)

O INE publicou así mesmo o IPC harmonizado (IPCA) de setembro, cuxa taxa anual se sitúa no -0,3%, dúas décimas superior á do mes anterior. Se se compara esta taxa coa estimada por Eurostat para o conxunto da zona euro (0,3%), o diferencial de inflación continúa sendo favorable a España, 0,6 puntos porcentuais, tres décimas inferior ao do mes de agosto.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.