EPA III Trimestre :crece o emprego en 274.000 persoas

Difunde hoxe o INE a enquisa de poboación activa (EPA) correspondente ao III Trimestre de 2014 e estes son os principais resultados.

A ocupación aumenta en 151.000 persoas no terceiro trimestre respecto ao segundo, ata un total de 17.504.000. A variación trimestral do emprego é do 0,87% (do 0,36% en términos desestacionalizados). A taxa de emprego sobe catro décimas respecto ao trimestre anterior, situándose no 45,44%.

O emprego creceu en 274.000 persoas nos últimos 12 meses. A variación anual é do 1,59%. A taxa de emprego subiu 8 décimas no último ano.

A ocupación subiu ese trimestre en 154.900 persoas no emprego privado e descende en 3.900 no público. Nos 12 últimos meses a ocupación aumentou en 291.600 persoas no sector privado e diminuíu en 17.700 no público.

O número de traballadores por conta propia aumentou ese trimestre en 58.500. O total de asalariados con contrato indefinido baixou en 26.700, mentres que o de asalariados con contrato temporal sobe en 122.400.

A ocupación aumentou este trimestre nos Servizos (108.800 máis), a Industria (71.800) e a Construción (43.500), e baixa na Agricultura (73.100 menos).

Por comunidades autónomas, os maiores aumentos de ocupados danse na Comunidade de Madrid (57.800 máis), Cataluña (34.800) e Illes Balears (30.900).

O número de parados baixa este trimestre en 195.200 persoas e sitúase en 5.427.700. É o maior descenso en términos absolutos nun terceiro trimestre da serie da EPA.

A variación trimestral do desemprego é do - 3,47% (do - 2,10% en términos desestacionalizados), o que supón a mellor nun terceiro trimestre desde 2006.

A taxa de paro é do 23,67%, fronte ao 24,47% do segundo trimestre e ao 25,65% de fai un ano. A cifra total de desempregados reduciuse nun ano en 515.700 persoas.

Por comunidades autónomas as maiores baixadas do paro respecto ao trimestre anterior danse na Comunidade de Madrid (48.200 menos), Cataluña (44.400) e Comunitat Valenciana (26.700).



O número de activos diminúe este trimestre en 44.200 ata 22.931.700. Nos 12 últimos meses reduciuse en 241.700 persoas. En ambos casos débese, principalmente, ao descenso da poboación activa estranxeira. A taxa de actividade sitúase no 59,53%. 


Galicia:

A EPA da como resultado en Galicia un total de 1.017.300 ocupados, 258.300 parados, una tasa de actividad del 53,88 % y una tasa de paro del 20,25 %.

Hoxe temos 26.100 desempregados menos que hai tres meses (o que representa un 9,17 % menos.

Entre xaneiro e xuño a ocupación na Comunidade veuse incrementada en 25.800 persoas, deixando o número de traballadores por enriba do millón.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.